XOGOS DE PSICOMOTRICIDADE
PARA FACER EN CASA
Bo día familias! Para que os nenos segan movéndose en casa mandámosvos unha proposta de 5 actividades que podedes achegarlles durante esta semana, ánimo e saúdos!
ACTIVIDADE 1: CIRCUITO DE PSICOMOTRICIDADE
– HABILIDADES: Carreira, salto, gateo.
– CAPACIDADES : Coordinación dinámica xeral, axilidade e orientación espacial.
– DESCRICIÓN: Realizar o circuito tal como se amosa no vídeo. Podedes facelo 3 veces
despacio para que coñezan o percorrido e 3 veces máis rápido unha vez que teñan claro por onde ir e que facer.
– MATERIAL: 8 latas de refresco e unha escoba. (pódense empregar outros mateirias alternativos como vasos de plástico, botes, rolos de papel hixiénico etc. Para colocar a escoba tamén se poden empregar dúas cadeiras)
ACTIVIDADE 2: EQUILIBRIOS
– CAPACIDADES: Equilibrio estático e equilibrio dinámico
– DECRICIÓN: Manter en equilibrio os diferentes mateirais tal como se amosa no vídeo.
As actividades están graduadas en dificultade crecente e deben realizarse como retos en función da idade e das posibilidades de cada alumno (os máis pequenos o mellor só son capaces de facer as 3 primeiras os máis maiores poden tentar facelas todas).
– MATEIRAL: unha culler, unha pelota pequena, un rolo de papel hixiénico e un cartón de papel hixiénico.
ACTIVIDADE 3: TENIS GLOBOS
– HABILIDADES: Desprazamentos, lanzamentos e recepcións.
– DESCRICIÓN: Facer pases por parellas ou dar toques sen que o globo toque o chan.
– MATERIAL: Elaboración dunha raqueta empregando un prato de plástico unido mediante celo ou pegamento a un trozo de maneira ou similar que faga de mango.
ACTIVIDADE 4: VARRER PELOTAS
– CAPACIDADES: Coordinación óculo manual, orientación espacial
– HABILIDADES: Desprazamentos.
– DESCRICIÓN: Varrer o maior número de pelotas posible dentro dun cesto durante un tempo determinado podemos poñer dous minutos por exemplo.
– MATERIAL: Caixa ou cesto, pelotas pequenas (se non se dispón delas empregar bolas de papel), unha vasoira adaptada.
ACTIVIDADE 5: BAILE
– CAPACIDADES: Ritmo, coordinación dinámica e segmentaria.
– DESCRICIÓN: Realizar a coreografía de Electronic song seguindo o tutorial.
– CAPACIDADES: Ritmo, coordinación dinámica e segmentaria.
– DESCRICIÓN: Realizar a coreografía de Electronic song seguindo o tutorial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario