VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA, SABÍAMOS QUE ERA GRANDE PERO AÍNDA ASÍ SORPRENDEUNOS PORQUE ALGÚNS NON A COÑECIAMOS.
FOMOS ANDANDO PORQUE FACÍA BO TEMPO E ENTRE TODOS E TODAS ATOPAMOS O CAMIÑO DE IDA E VOLTA. XA CONSEGUIMOS ORIENTARNOS NOS ARREDORES DO COLE E NAS ZONAS PRÓXIMAS ÁS NOSAS CASAS.
NA BIBLIOTECA ESTABA ROCÍO, EXPLICOUNOS O FUNCIONAMENTO, AS NORMAS E OS LIBROS MÁIS AXEITADOS PARA NÓS. TAMÉN NOS CONTOU O CONTO DE COCORICO.