PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

xoves, 19 de abril de 2018

"A MÚSICA DA AUGA"

Resultado de imaxes para a musica da augaSERVANDO BARREIRO estivo no cole e presentounos o seu novo libro:
 "A Música da Auga". 
Contando e cantando fíxonos desfrutar tanto aos nen@s como as mestras dunha fermosa sesión musical. Acompañado do seu acordeón falounos de como espertar a auga, dos ríos, das xacias, dos barqueiros... bailamos e cantamos con el e pasámolo xenial. Encantounos escoitar o acordeón, con ese son tan especial, un instrumento que case non coñeciamos e que chamou moito a nosa atención.
Moitas grazas Servando por vir compartir con nós a túa música e o teu saber.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

"SALÓN DO LIBRO 18"

O Salón do Libro xa abriu as súas portas e por suposto nós fomos visitalo. Fomos acompañados polos nenos e nenas de 6º de Primaria, eles cruzaron con nós a ponte e nos acompañaron todo o camiño.





Cando chegamos estaba ORBIL esperando para saudarnos. Gustounos moito poder tocalo e abrazalo, algúns simplemente lle dixemos ola. Orbil pode asustar un pouco, pero ninguén lle tivo medo nesta ocasión.
 
 

No Salón do Libro desfrutamos dun contacontos, falaba de mulleres pintoras, (algunhas coñecidas por nós): Frida Kahlo, Xulia Minguillón... A nosa guía, Cris, explicounos o que había nas diferentes salas, nos corredores e tamén fixemos con ela un percorrido para ver os traballos dos nenos e nenas doutros coles. E... por suposto vimos o noso libro das Mulleres, o máis bonito de todo o Salón.
 
 
 
 
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB


mércores, 18 de abril de 2018

"CUMPLE EN ABRIL"

Elba xa ten 4 anos... En abril celebramos o seu cumple na clase e pasámolo moi ben. Invitounos a unhas riquíiiiisimas rosquillas e un delicioso biscoito. Nós tiñamos para ela un lindo agasallo que fixemos con todo cariño.
¡¡¡ MOITAS FELICIDADES !!! e moitas Grazas Elba.





Nenas e nenos de Ed.Infantil 4ºB