PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos Tradicionais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos Tradicionais. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de xuño de 2020

"TRES EN RAIA"

E como falamos de Xogos Tradicionais, tamén fixemos o noso. Temos fotos dos fabulosos "3 en Raia" que fixestes. Agora imos velos todos xuntos. Aquí están. Fermosos, ¿a que si?











Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

mércores, 10 de xuño de 2020

"XOGOS TRADICIONAIS"

Cando falamos sobre os Xogos Tradicionais fixemos unha boa recollida deles. Queres saber cantos coñecemos??... aquí tendes:






 Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

venres, 22 de maio de 2020

"MÚSICA E XOGOS TRADICIONAIS"

Xa estamos a venres, temos que prepararnos para a fin de semana. Así que toca mover o corpo cunha canción de Brinca Vai titulada "Meu o mundo é", a ver si recoñecedes os lugares que aparecen no vídeo. Podedes cantala e bailala.


E imos seguir con Xogos Tradicionais, agora coas propostas de Psicomotricidade que nos enviaron as mestras Natalia, Ana e Rosi para esta ocasión. Desfrutádeas en familia, tamén no sábado e domingo.



Estas propostas tamén podedes atopalas no apartado "Tempo na casa" en Psicomoticidade 7.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

xoves, 21 de maio de 2020

"TRES EN RAIA"

Sabemos o importante que é XOGAR, forma parte da vida de todas as persoas, sobre todo nos primeiros anos, na vosa idade é fundamental.
Ás veces xogamos sos, outras en parella e moitas en grupos.
Hoxe queremos propoñervos a elaboración dun xoguete para utilizar en parella, seguro que na vosa casa hai alguén que o coñece: "Tres en Raia".
Imos empezar cun pequeno vídeo no que explican os pasos para crear este xogo:

Agora toca facer o voso:
- Debuxar nunha folla un modelo do Tres en Raia e facer tantos cadrados como aparecen no vídeo
- Recortar o taboleiro e pegalo nun cartón, cartolina... que sexa algo máis grande, de xeito que quede unha marxe todo arredor.
- Escribir, onde se vexa ben, o nome do xogo "TRES EN RAIA"
- Deseñar as 6 fichas, 3 cun modelo e 3 con outro diferente. O deseño non ter que ser igual ao que aparece no vídeo. Poden ser animais, caras, froitas... Podemos facelas no material que queiramos.
- Decorar as 6 fichas
E... a xogar!!!
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

mércores, 20 de maio de 2020

"XOGOS TRADICIONAIS"

Como estamos na Semana das Letras Galegas, hoxe imos continuar facendo un repaso por algúns  Xogos Tradicionais. 
Seguramente as persoas adultas das vosas familias coñecen a maioría deles ou algún outro parecido. Tamén é posible que xogasen a eses xogos cando eran nenas e nenos coma vós. Preguntádelle  cales.
Aquí temos un vídeo feito por Francisco Rodríguez sobre xogos tradicionais nos que participan nenas e nenos dos "CEIP Mosteiro de Caveiro e CEIP de Piloño"
Despois de ver os diferentes xogos, imos elixir entre os que aparecen no vídeo e os que  recorden papás, mamás, avós, avoas... os 3 que máis nos gusten.
Agora que xa o temos decidido a tarefa consiste en:
- Escribir o nome deses 3 xogos 
- Escribir o nome dos obxectos que precisamos para xogar a cada un deles. 
- E para rematar, debuxar eses obxectos.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB