PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA
Amosando publicacións coa etiqueta LETRAS GALEGAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LETRAS GALEGAS. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de xuño de 2020

"RETRATOS LETRAS GALEGAS 2020"

Piquín xa fixo a recollida de todos os retratos que lle chegaron coa proposta das Letras Galegas. Con todos eles fixo un fermoso vídeo que vos quere amosar.
Desfrutade coa presentación e espero atopedes o voso debuxo. 
Facede click na foto e chegaredes axiña á súa páxina. 

Un bico grande de Piquín.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

martes, 19 de maio de 2020

"XOGANDO COAS LETRAS GALEGAS"

Imos continuar esta semana xogando coas Letras Galegas.
As profes Ana, Natalia e Rosi fixeron para nós unha selección de recursos e elaboraron unha actividade LIM para aprender xogando con algúns dos escritores e escritoras máis coñecidos homenaxeados nas Letras Galegas.
Para empezar imos desfrutar coa seguinte canción de "Uxía Lambona e a Banda Molona" titulada "Verdescente"


E despois de bailar con eles aquí tendes un LIM para coñecer mellor algúns dos escritores e escritoras galegos


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

luns, 18 de maio de 2020

"LETRAS GALEGAS 2020"

Onte, domingo 17 de Maio, foi o "Día das Letras Galegas". Para Piquín é unha data importante e non quixo deixala pasar sen facervos unha proposta especial.
Esa proposta especial ven sendo a nosa tarefa de hoxe. 
Este ano, as Letras Galegas están dedicadas ao escritor Carvalho Calero, así que en Bibliopiquín tendes un vídeo sobre a súa vida e tamén un poema. 
E ademais, tendes unha presentación con fotos dos autores e autoras homenaxeados ao longo dos anos a partir da cal fai Piquín a súa proposta: realizar un retrato dunha desas persoas  caracterizada como Ser Fantástico Coidador da Lingua.
Fixádevos ben nas últimas fotos da presentación, porque seguro que algún será coñecido.
Clicade na seguinte imaxe e chegaredes axiña, Piquín espera con moita ilusión as fotos dos vosos traballos.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

venres, 24 de maio de 2019

"LETRAS GALEGAS 19"

Este ano celebramos as Letras Galegas no cole con varias actividades: exposición de carteis, obradoiro "Cóntoche un traxe" e por suposto a nosa xa casi tradicional Xincana.
A Xincana das Letras foi na biblioteca, este ano o homenaxeado é Antón Fraguas.
Fixemos equipos cos nenos e nenas da profe Carmen e xuntos rotamos por diferentes recunchos para realizar as actividades propostas.
Tiñamos sudokus, crebacabezas, mural, collage e retrato. Traballamos en equipo para resolvelas, e aínda que algunhas eran un pouquiño difíciles, conseguímos acadar o noso obxectivo.







Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

sábado, 11 de maio de 2019

"ANTÓN FRAGUAS, CÓNTOCHE UN TRAXE"

O venres tivemos no cole unha actividade sobre o traxe galego.  Montse, a monitora da actividade, falounos do traballo feito por Antón Fraguas, homenaxeado nas Letras Galegas 2019, arredor das tradicións galegas. No seu traballo recolleu moitos datos da roupa que se utilizaba aquí fai moitos anos.
Montse explicounos como eran os traxes e tamén como se chamaba cada unha das prendas utilizadas e vestiu a tres voluntarios ao longo da súa charla.
Ao rematar poidemos facernos unha foto colocándonos detrás duns carteis de neno e nena pandereterios e asomando as nosas caras. ¡¡¡Quedamos ben guapos!!!






Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

domingo, 10 de xuño de 2018

"LETRAS GALEGAS 18"

No mes de maio celebramos no cole AS LETRAS GALEGAS,  este ano adicado a Mª Victoria Moreno. Piquín invitounos a unha actividade moi especial,  tiña todo preparado na biblioteca para coñecer un pouco mellor á autora homenaxeada este ano.
Percorrimos diferentes recunchos en equipo xunto cos nenos e nenas da profe Carmen, tiñamos unha proba que resolver en cada recuncho. A verdade é que traballar en equipo dásenos bastante ben.









Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB