PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA
Amosando publicacións coa etiqueta Xeometría. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xeometría. Amosar todas as publicacións

martes, 16 de xuño de 2020

"PAUL KLEE E YAYOI KUSAMA"

Seguindo o traballo de diferentes artistas fixemos unhas fermosas obras e aquí tendes as que faltaban por mostrar. Imitando a Paul Klee e Yayoi Kusama.











Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

xoves, 21 de maio de 2020

"PINTANDO CON MIRÓ"

E coas formas e as cores chegamos a Miró, vimos algúns dos seus cadros e fixemos fantásticas reproducións dalgunha das súas obras. ¿Queredes velas? Aquí as tendes:

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

mércores, 20 de maio de 2020

"AS LIÑAS E A XEOMETRÍA"

Ao longo do mes de Maio estivemos afondando arredor da Xeometría: na casa, na rúa e nas obras de diferentes pintores. 
Xogamos coas liñas, as cores e as formas e aquí temos unha mostra con fermosos resultados.
Liñas pechadas







Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

xoves, 14 de maio de 2020

"IMITANDO A YAYOI KUSAMA"

E para rematar esta semana de Arte viaxaremos ben lonxe, ata Xapón. Imos coñecer un pouquiño mellor a unha artista da que xa falamos fai algún tempo, Yayoi Kusama. 
Esta muller coñecida en todo o mundo, utiliza as formas redondeadas, os puntos e lunares para crear fantásticas obras como as que aparecen no seguinte vídeo:


A continuación tendes 2 das súas obras:

             

Observade ben, prestade atención ás formas, porque un dos elementos máis utilizados por Yayoi son como podedes ver os lunares.
A tarefa de hoxe consiste en facer o voso propio cadro cunha condición: que estea feito a base de LUNARES de cores.
Podedes facer unha paisaxe, debuxarvos vós, unha composición libre... o que queirades, pero tendes que encher a folla e estar feito ou decorado a base de lunares de cores. 
Utilizade os materiais que queirades: pintura, ceras, rotuladores, papeis variados para collage...
E cando teñades rematado, buscade un título e amosade o resultado para que todas e todos poidan desfrutalo.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

mércores, 13 de maio de 2020

"XEOMETRÍA CON PAUL KLEE"

E imos con outro artista, desta volta alguén que chega de máis lonxe, Paul Klee, un pintor alemán ao que tamén lle gustaba moito xogar coas liñas e as formas. Para coñecer un pouquiño o seu estilo imos ver neste vídeo algunhas das súas obras.

Xa sabemos como pinta, agora veremos si somos quen de imitalo...¿que vos parece?
Fixádevos ben, ben nos seguintes cadros:


"PAISAJE CON PÁJAROS AMARILLOS"                                           "BARCOS EN REPOSO"  

¿Xa pensastes cal é o voso favorito?
Pois tendes que decidir. 
Porque como xa seguro que adivinastes imos reproducir o que máis vos guste. 
Pero... temos que facelo con outra técnica diferente. Imos facer un collage. 
Fixádevos ben nas formas, con liñas rectas e curvas, teredes que facelas en papeis diferentes, cartóns, teas... e logo pegalas a modo de collage. 
Tamén podedes  utilizar ceras e rotuladores para completar algunhas zonas ou encher de cor. 
Pero hoxe, a parte principal da tarefa será o collage. 
E por suposto, non esquezades poñer o voso título
Estou desexando ver as vosas obras.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB     

martes, 12 de maio de 2020

"XEOMETRÍA CON MIRÓ"

Despois do traballo que levamos feito estes días, imos ver como os grandes pintores utilizan as formas, as liñas e as cores. No seguinte vídeo veremos algunhas das obras do Joan Miró, un dos artistas españois máis coñecidos. Fíxádevos na de figuras que aparecen nos seus cadros.


Agora os artistas imos ser nós. ¿Seremos quen de imitar unha das obras deste gran pintor?
¡¡¡Seguro que si!!! 
 Mirade CON ATENCIÓN os seguintes cadros:

               "EL JARDÍN"                                                     "CONSTELACIÓN: DESPERTANDO AL AMANECER"    

¿Cal é a vosa preferida?
Elixide unha delas e tentade reproducila. 
Utilizade diferentes materiais de pintura, (ceras, rotuladores, lápices de cores, pinturas líquidas e pinceis) para diferenciar os elementos que aparecen no cadro elixido.
Aínda que as 2 obras teñen cadanseu título, buscade un para a vosa.
Agardamos ver as vosas fotos.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

luns, 11 de maio de 2020

"LIÑAS ABERTAS E PECHADAS"

E para comezar esta nova semana imos xogar un pouquiño coas liñas. Seguiremos con "Xeometría" pero, desta volta, imos probar con algo diferente. Mirade o seguinte vídeo:

Agora tócanos a nós, pero en lugar de facer moitas liñas imos facer unha soa ¿como?...
Pois da seguinte maneira:
- Collemos un papel e un rotulador da cor que queiramos
- Empezamos no lugar do papel que máis nos guste e garabateamos sen levantar o rotulador
- Cruzamos dun lado a outro varias veces, trazamos curvas e rectas ata que decidamos parar
- Rematamos no punto de inicio
(Fixemos unha sola liña pero acadamos moitos espazos pechados diferentes)
- Para rematar coloreamos cada espazo pechado dunha cor, pódense repetir pero non quedar 2 cores iguais xuntas. 
A tarefa estará rematada cando a folla estea toda coloreada facendo un fermoso mosaico.
Aquí tendes algúns exemplos xa empezados que vos poden servir de modelo.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB