PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

mércores, 24 de outubro de 2018

"1ª SAÍDA DO CURSO"

Fixemos a nosa primeira saída deste curso. Fomos en autobús visitar a Base de Cuadrillas Helitransportadas do Campiño.



Alí estaban esperándonos para falarnos do seu traballo e ensinarnos moitas das ferramentas que utilizan cando teñen que apagar os lumes no monte.






Aprendimos os nomes dalgunha ferramenta: batelume, bambi, gorki... e tamén subimos nun dos camións e no ¡¡¡HELICÓPTERO!!!
Foi xenial!!!, o helicóptero e moito máis grande do que nos pensabamos e foi o que máis nos gustou da visita. 



Disfrutamos moito con esta saída e tamén nos decatamos do importante que é o traballo destas persoas e de todo o que fan para coidar os montes e evitar que se queimen. 
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

luns, 15 de outubro de 2018

"CUMPLES DE OUTUBRO 18"

Xoel e Iraila xa teñen 4 anos e quixeron celebralo con nós. Trouxeron rico biscoito e zumos e compartimos unha boa merendola. Gracias aos dous.
¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!! Xoel e Iraila 

Nenos e nenas de Ed. Infantil 5ºB


venres, 5 de outubro de 2018

"1º CUMPLE DO CURSO"

Celebramos o 1º cumple deste curso. En setembro Thiago cumpliu 4 anos e nós celebrámolo con el en clase. Gracias Thiago por invitarnos a merendar e ¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!!



Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB