PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA
Amosando publicacións coa etiqueta CONTACONTOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CONTACONTOS. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de xuño de 2020

"O COELLIÑO BRANCO"

Para comezar esta semana, xa na conta atrás, pensamos que era boa idea facelo cunha nova entrega de contos.
Hoxe tócalle á profe Elena. Ela quere compartir con nós un lindo conto que seguro recoñecedes "O coelliño branco".
Unha versión que podemos desfrutar desde este momento.
Moitas Grazas profe Elena.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

venres, 29 de maio de 2020

"A QUE SABE A LÚA?"

Rematamos esta semana cun conto ben coñecido "A que sabe a Lua?", nunha fermosa presentación feita pola profe Natalia e que quere compartir con nós. 
Unha linda versión para desfrutar no día de hoxe.
Moitas Grazas Natalia. 

E despois do conto, imos movernos coas novas propostas de Psicomotricidade que nos enviaron as profes Natalia e Rosi. Desfrutádeas moito.

 









Propostas que tamén podedes atopar en "Tarefas na Casa" en Psicomotricidade 8.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

venres, 8 de maio de 2020

"AS ESTRELAS DOS SOÑOS"

Para rematar esta semana non hai mellor maneira de facelo que cunha nova entrega de contos. 
Hoxe tócalle á profe Rosa. Ela quere compartir con nós un fermoso conto titulado "As Estrelas dos Soños". Unha linda versión que podemos desfrutar desde este momento. 
Moitas Grazas profe Rosa.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB


martes, 5 de maio de 2020

"LA FLOR AVENTURERA"

E comezamos esta primeira semana de maio cun novo conto, desta volta da man da profe Rosi. 
Ela preparou para nós "La Flor Aventurera", unha fermosa versión que hoxe compartimos aquí. 
Moitas Grazas profe Rosi. Toca desfrutar con esta linda historia.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 3 de maio de 2020

"SOPA DE CABAZA"

Hoxe, quero deixarvos un conto especial, un dos que temos en clase dende os 3 anos e que nos gusta moito, tanto á profe como ás nenas e nenos. Un agasallo feito con moito cariño para todas e todos vós. Espero que o disfrutedes moitíiiiiisimo, igual que fixen eu cando o estaba preparando.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

luns, 27 de abril de 2020

"TE QUIERO (CASI SIEMPRE)"

Seguimos no Mes do Libro e temos un novo conto feito, desta volta, pola profe Rebeca.
Ela animouse tamén a relatarnos unha fermosa historia, un conto que fala das emocións titulado:
“Te quiero (casi siempre)”
Unha linda versión. Moitas grazas por compartilo con nós Rebeca.
Agora imos disfrutar coa escoita.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

venres, 24 de abril de 2020

"A VIAXE DAS BOLBORETAS"

Para rematar a Semana do Libro imos presentarvos un conto feito por unha mestra de Ed. Infantil do noso cole e a súa filla.  A profe María e  Lucía déronlle vida ao vermiño, a formiga, a xoaniña e ao resto das personaxes do conto "A viaxe das Bolboretas". O resultado é ben, ben fermoso e aquí o compartimos con todas e todos vós.
Moitas Grazas as dúas. Imos disfrutalo moooooooito.

E despois deste fermoso conto, deixamos unha recomendación para este finde... "Ir  ao Teatro".
Os amigos de Abonoteatro subiron as obras completas do seu catálogo. Si vos apetece podedes velas no seguinte enlace:
https://compras.abonoteatro.com/yomequedoencasa/
En concreto para @s peques da casa están as seguintes:
"La rebelión de los cuentos"
https://compras.abonoteatro.com/?pagename=espectaculo&eventid=2004
"Pedro y el lobo" - Ballet Infantil
https://compras.abonoteatro.com/?pagename=espectaculo&eventid=1971

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

martes, 7 de abril de 2020

"A LOBIÑA BEA"

Aínda que esteamos de vacacións, sempre hai tempo para un contiño e hoxe temos un moi especial que nos trae Pandemia de contos (colectivo NOGA: narración oral galega)
O contador chámase Brais Moure e a súa historia titúlase: "A Lobiña Bea". Disfrutádeo.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

martes, 24 de marzo de 2020

"O CONTO NON PARA"

Desta volta vai un conto dunha iniciativa distinta:"Festival Atlántica", trátase dun Festival Internacional de Narración Oral que navega por toda a xeografía galega. Aínda que este ano a súa programación está cancelada seguindo as medidas cautelares de confinamento destas semanas, podemos seguir as súas historias na súa canle.
Hoxe toca disfrutar do conto con Noelia Carioca, unha contadora salmantina.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

venres, 27 de decembro de 2019

"ACTIVIDADES NO MUSEO"

Neste trimestre fixemos 2 visitas ao Museo. 
A primeira para ver unha exposición na que nos explicaron como vivían os primeiros homes e mulleres na prehistoria, as ferramentas e armas que utilizaban, como as fabricaban...






E a segunda para escoitar a Raquel, unha contadora xenial que nos mantivo ben atentas e atentos cos seus contos:
"A sopa queima", "A mellor sopa do mundo", "O Galo Traganoces" e "Pedra, pau e palla"






Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 10 de novembro de 2019

"ANXO MOURE E SERVANDO BARREIRO"

Esta semana poidemos disfrutar da visita de Anxo Moure (Carballo con Botas) e Servando Barreiro para contar e cantar con nós na biblioteca do cole.
Contaron e cantaron historias de fadas, de trasnos, da Apalpadora, da Xacia Luviñas... e moitos máis seres fantásticos cos que nos enfeitizaron.
Desfrutamos moito escoitándoos e formando parte das súas historias.
¡¡Moitas grazas Anxo e Servando!! por compartir con nós e achegarnos un pouquiño máis ao fermoso "Mundo da Fantasía".





Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 5 de maio de 2019

"DÍA DO LIBRO 2019"

O día 23 de abril foi o "Día do Libro" e nós quixemos celebralo dalgún xeito. Na hora de ler uns rapaces e rapazas de 6º viñeron contarnos contos. Estivemos moi atentos e gustáronos tanto as súas historias que lles demos un fortísimo aplauso. 





Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB