PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

sábado, 28 de decembro de 2019

"TRABALLOS DO TRIMESTRE"

As vacacións xa chegaron e nós levamos os nosos traballos para casa. Démoslle un último vistazo antes de gardalos na carpeta.




Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"PREPARANDO O NADAL"

Antes de marchar de vacacións adornamos a nosa porta con fermosas campás e levámoslle a Piquín os nosos Seres Fantásticos para que os colocase no seu bosque encantado. Tamén tivemos a sorte de escoitar a Susa Herrera no Salón de Actos e disfrutar coas súas cancións.


No último día de clase tivemos 2 visitas moi especiais, O Apalpador e Papa Noel viñeron saudarnos ao cole.



E antes de marchar, recibimos aos compañeiros e compañeiras da clase da profe Carmen que querían desexarnos Felices Festas e nós a eles tamén.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"TEMPO DE PANXOLIÑAS"

Xa entrando no Nadal, poidemos disfrutar coas panxoliñas que os maiores tiñan preparadas para nós.
Compartimos melodía coas nenas e nenos de 3º de Primaria, e logo ata os acompañamos tocando instrumentos musicais.




E despois o alumnado de 6º de Primaria veu pedir o Aguinaldo.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"ÚLTIMA MALETA VIAXEIRA DO TRIMESTRE"

A maleta viaxeira rematou o trimestre na casa de Laura. Ela trouxo fermosos tesouros para compartir con nós, seguimos completando a nosa exposición e tendo conta que todos sexan ben tratados.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB