PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA
Amosando publicacións coa etiqueta Maleta Viaxeira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Maleta Viaxeira. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de marzo de 2020

"ULTIMA MALETA VIAXEIRA DO CURSO"

E a nosa maleta xa rematou a súa viaxe polas casas de todas e todos. Agora temos un montón de tesouros na clase. O último en presentarnos os seus preciados obxectos foi Nuno. Así a nosa exposición quedou completiña e disfrutarémola aínda durante varios días, despois desta obrigada parada.



 
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

sábado, 14 de marzo de 2020

"MALETA ESPECIAL"

Raquel leva con nós un par de meses e ela tamén quixo traer os seus tesouros a clase antes de ter que marchar e seguir cos seus estudos. Así que, tocoulle a ela nesta semana e trouxo os seus tesouros para compartir con todas e todos nós.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 8 de marzo de 2020

"IRAILA E A SÚA MALETA VIAXEIRA"

Xa faltan poucas casas para a nosa maleta viaxeira. Esta vez foi Iraila quen a levou e a encheu cos seus tesouros. Ela explicounos a razón pola que escolleu os 3 obxectos que nos amosou e coma sempre pasaron a formar parte da nosa colección.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB


domingo, 23 de febreiro de 2020

"NOVA MALETA, NOVOS TESOUROS"

Aínda que estabamos moi ocupados traballando para o Entroido, segue facéndonos moita ilusión ver os tesouros que cada neno e nena traen a clase. Así que non podiamos deixar de adicarlle unha sesión a unha nova maleta viaxeira: a maleta de Anxo. Foi el, quen desta volta, nos ensinou que 3 obxectos trouxo para compartir.



 
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

sábado, 15 de febreiro de 2020

"MANU E A SÚA MALETA VIAXEIRA"

E seguimos enchendo a clase con tesouros que chegan das nosas casas. Foi Manu quen, desta volta, nos amosou a maleta. El ensinounos os 3 obxectos escollidos xunto coa súa familia e contounos a razón da súa elección. 



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB