PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA
Amosando publicacións coa etiqueta CUMPLES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CUMPLES. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de xuño de 2020

"FELICIDADES ANXO"

Chegou o último cumple deste curso, desta volta é Anxo o que cumple 6 anos.
¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!! E temos que felicitar tamén a papá e mamá, xa que fai 6 anos que chegaches a formar parte da familia.
Seguimos celebrando os nosos cumples de xeito especial, podemos saír, pasear, xogar... pero non podemos estar xuntos no cole. Aínda así, por suposto, temos para ti un fermoso agasallo, preparado con moito cariño entre todos os teus amigos e amigas de clase.
Queremos desfrutalo contigo e seguro, seguro que che vai gustar.
Grazas por deixarnos compartir o teu día.
E non imos deixar pasar a ocasión de cantarche de xeito virtual

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 24 de maio de 2020

"FELICIDADES LAURA"

Laura, xa tes 6 anos. ¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!!. Hoxe tócache a ti estar de celebración. E tamén contigo están mamá e papá, porque fai 6 anos puideron coñecerte.
Aínda que xa poidamos saír pasear, todavía temos que celebrar os cumples deste xeito especial. Así que, aquí te deixamos un fermoso agasallo que os teus amigos e amigas prepararon para ti con todo o seu cariño.
Sabemos que te vai gustar moito e todas e todos  imos desfrutalo neste día contigo. 
Grazas por permitir que o compartamos.
E aínda que sexa de xeito virtual, así é o xeito no que che imos cantar


Nenas e nenos de Ed. Inf. 6ºB

sábado, 16 de maio de 2020

"FELICIDADES NUNO"

¡¡¡Moitas Felicidades Nuno!!!. Estamos a 16 de Maio, é o teu día. Xa chegaches aos 6 anos. 
Parabéns tamén para papá e mamá, porque nun día coma hoxe poidestes coñecervos por fin, xa pasaron 6 anos desde ese momento.
Seguimos celebrando os cumples de xeito especial, aínda non podemos celebralo todas e todos xuntos no cole, pero igualmente temos un agasallo para ti. 
Sabemos que o desfrutarás moito porque está feito con todo o agarimo dos teus amigos e amigas. 
Moitas grazas por permitirnos compartilo.
E... por suposto, non podemos deixar de cantarche, aínda que sexa por este medio Virtual!!


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

sábado, 4 de abril de 2020

"FELICIDADES ELBA"

Elba, hoxe é o teu gran día. ¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!! Xa tes 6 ANOS...
E tamén Felicidades a mamá e papá, porque hoxe fai 6 anos que chegaches ás súas vidas e que viron por primeira vez o teu sorriso. 
Este ano o teu cumple celebrámolo dun xeito diferente no cole, pero non por eso menos especial e por suposto, os teus amigos e amigas de clase teñen un agasallo para ti. 
Fixeron estes fermosos debuxos con todo o seu cariño. 
Sabemos que che gustarán moooooooitooooo. Grazas por permitirnos compartilo contigo.
E así e como queremos cantarche deste xeito especial... aínda que sexa Virtual!!!

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

sábado, 18 de xaneiro de 2020

"PRIMEIRO CUMPLE DO 2020"

Xa estamos no 2020 e no mes de xaneiro están de cumples os maiores do grupo: Rodrigo e Manuel.
Eles fixeron ¡¡¡6 ANOS!!!
Celebrámolo con zumo e biscoito. Todo mooooiiiii ricooooo. Compartimos unha estupenda merendola e recibiron cadanseu agasallo feito coa colaboración e o cariño de todas e todos.
¡¡¡FELICIDADES RODRIGO E MANU!!! e moitas grazas por compartilo con nós.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 17 de novembro de 2019

"CUMPLES NOVEMBRO 19"

¡¡¡Xa todas e todos temos 5 anos!!!
Xabi e Kevin estiveron de cumple neste mes de novembro. Foron os últimos aniversarios do 2019, aínda que todavía quedan máis ao longo do curso.
Celebrámolo por suposto en conxunto co resto da clase, comemos rico biscoito e zume de laranxa que trouxeron eles para compartir.
Entregámoslle a cada un o agasallo que lles tiñamos preparado, feito entre todas e todos.
¡¡¡FELICIDADES XABI E KEVIN!!! e moitas grazas por compartilo con nós.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

xoves, 17 de outubro de 2019

"CUMPLES DE OUTUBRO"

E seguimos cumprindo 5 anos. Desta volta son Iraila e Xoel os que estiveron de festa e decidiron compartilo con nós. Comemos un riquísimo biscoito acompañado de zume. 
Agasallamos a Xoel e Iraila con fermosos cadros feitos entre todas e todos, disfrutamos moito facendo os debuxos e a montaxe.
¡¡¡FELICIDADES XOEL E IRAILA!!! e moitas grazas por compartir con nós un día tan especial.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 29 de setembro de 2019

"PRIMEIRO CUMPLE DESTE OUTONO"

Thiago xa ten 5 anos!!!. É o primeiro cumple deste outono da nosa clase. 
Celebrámolo todos xuntos comendo rico biscoito e bebendo zumo. 
Nós tiñamos para el un agasallo,  fixémolo con moito cariño e dando o mellor de cadaquén. 
¡¡¡FELICIDADES THIAGO!!!, e grazas por compartir este día con nós.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB 

venres, 14 de xuño de 2019

"ÚLTIMOS CUMPLES DO CURSO"

Xa estamos en xuño e antes de rematar celebramos o último cumple do curso. Anxo xa ten 5 anos e Lidia, Carmen e Ari pornto os farán tamén nas vacacións de verán.
Así que celebramos todos xuntos o seu aniversario con rico biscoito e zumos que compartiron con nós. ¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!! E grazas por compartir con nós.




Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB