PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

venres, 21 de xuño de 2019

"CHEGARON AS VACACIÓNS"

Rematamos o curso, e antes de marchar para casa, nos últimos días puidemos disfrutar de varias actuacións no salón de actos...



E tamén da Festa do Deporte organizada polo profe Roberto...

E agora si...
¡¡¡Estamos de vacacións de Verán!!!
Disfrutade moito e  non esquezades que nos vemos en Setembro.
¡¡BO VERÁN!!
¡¡BOAS VACACIÓNS!!
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

mércores, 19 de xuño de 2019

"PORTADAS XUÑO 19"

E aquí temos o resultado final das nosas portadas. Agora si que xa marchamos de vacacións, tan solo nos queda gardar todo nas carpetas e desfrutar da festa do deporte o venres.








E antes de marchar, Elba tamén quixo ensinarnos o fermoso que quedou pintado o molde da barriga da súa mamá. Gracias Elba!!!


Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

domingo, 16 de xuño de 2019

"PORTADAS FINAIS XUÑO 19"

O curso xa remata e tan solo nos queda empaquetar todos os nosos traballos. Para iso decidimos facer unha portada, cadaquén elixiu as súas cores e os seus motivos primaverais. 
Agora queda esperar que sequen e poidamos encadernar para levar a casa.





Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

venres, 14 de xuño de 2019

"COMPARTINDO TRABALLOS"

Os nenos e nenas de 6º de Primaria fixeron unhas maquetas de circuitos xeniais. 
Como tiñamos moitas ganas de velas funcionando, viñeron a clase para amosárnolas, a nós e aos nenos e nenas da profe Carmen. Contáronnos como as fixeron, que materiais utilizaron e como funcionaban. 
¡¡¡Gustounos moitísimo!!! e estivemos moi atentos e atentas aos seus comentarios.
¡¡¡Grazas!!! rapaces e rapazas e tamén a súa profe Judit por compartir con nós ese ratiño e os vosos fermosos traballos.
 
 
 
 
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB