PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

domingo, 29 de outubro de 2017

"VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA"

O proxecto deste ano no cole xira arredor da ARTE, por iso decidimos que a nosa 1ª visita do curso sería ao MUSEO de Pontevedra.
Vimos algúns dos seus cadros, falamos do que representan e logo fixemos a nosa versión de "Acordeón de Caruncho". Esperamos que vos guste.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

luns, 16 de outubro de 2017

"CUMPLE EN OUTUBRO"

Neste mes de outubro Xoel cumpliu 3 anos. Celebrámolo en clase con rico biscoito, galletas e zumos invitados por el. Nós preparámoslle un lindo agasallo e xuntos pasamos un bo rato.
Moitas gracias Xoel!!! e ¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!!





Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

domingo, 15 de outubro de 2017

"COÑECEMOS A PIQUÍN"

Esta semana visitamos por primeira vez a BIBLIOTECA do cole. Alí nos esperaba Piquín, que xa tiña moitas ganas de que fóramos coñecelo.
Piquín ten moitos contos para nós e iremos todas as semanas a estar un ratiño con él. E para poder disfrutar da biblioteca temos que recordar que hai que falar baixiño e coidar moito os contos, xa que hai moitas nenas e nenos que tamén queren disfrutalos. Así Piquín estará encantado de recibirnos sempre que queiramos.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

luns, 9 de outubro de 2017

"A BARRIGA DE CRIS"

Anxo está moi contento porque vai ter dúas irmás... pedímoslle a súa mamá, Cristina, que viñera ao cole para facer un molde de escaiola da súa barriga. 
Decidimos facelo o venres e foi unha fermosa actividade. Cristina tivo moita paciencia con nós e pasamos un ratiño moi agradable na súa compañía. 
Empezamos contando o conto: "O embigo de Xanecas", e logo despois de poñer crema na barriga de Cris comezamos a cubrilla con tiras de escaiola.
Esperamos un anaquiño a que secara e ¡¡¡SORPRESA!!! Que chula quedou!!!
Agora Anxo vaina levar a casa para pintar coa súa irmá maior Sabela, que tamén axudou e os seus pais.
Moitas grazas Cristina!!!




Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

luns, 2 de outubro de 2017

"CELEBRAMOS CUMPLE"

Neste mes de setembro estiveron de cumple THIAGO e INÉS.
Trouxeron un rico biscoito e zumos e xuntos fixemos unha rica merendola. Nós tamén preparamos para eles un lindo agasallo. Moitas grazas Thiago e Inés!!!
e ¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!!

 
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB