PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

xoves, 23 de novembro de 2017

"PLANTANDO CASTAÑAS E LANDRAS"

Estamos no outono... caen as folliñas... época de castañas e landras...
Decidimos plantar algunhas delas, esperaremos con moita ilusión a que os nosos carballos e castiñeiros medren e logo levarémolos a algún lugar para replantar.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

mércores, 22 de novembro de 2017

"EXPOSICIÓN FOTOGRAFÍAS"


 

Fomos visitar unha exposición de fotos. Como o día non estaba moi claro fomos en autobús. 
¡¡¡Canto nos gustou!!!
Había moitas fotos de animais e fixemos xogos de pistas para adiviñar de cal estabamos falando. 
Antes de rematar a visita fixemos unhas arañas que levamos con nós para casa.






 

Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

luns, 20 de novembro de 2017

"CUMPLES EN NOVEMBRO"

No mes de novembro estiveron de cumple Xabi e Kevin. Fixemos para eles un lindo agasallo e eles nos invitaron a merendar rico biscoito e zumos. Pasámolo moi ben.
¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!! e moitas Grazas Xabi e Kevin.




Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

domingo, 12 de novembro de 2017

"MAGOSTO 17"

O venres 10 celebramos o Magosto no cole. Ao longo da semana fomos xuntando as castañas para asar e para iso tivemos que percorrer varias veces o 1º piso



Neses días estivemos moi atarefados preparando todo para a festa:
- Pintamos a nosa castaña Dorinda
- Colocamos as cestas que fixemos na casa coa axuda das familias
- Practicamos os xogos para o venres...
E por fin chegou o momento


Que ricas estaban as castañas!!! E Que ben o pasamos!!!
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

mércores, 8 de novembro de 2017

"COGUMELOS 1ª PARTE"

Esta semana fomos á biblioteca para visitar unha exposición de cogumelos e ver como podemos cultivalos en bolsas cheas con restos do café. Alí estaba Miguel, un experto neste tema, que nos explicou canto precisamos saber. Ensinounos diferentes cogumelos e logo botou as semillas  nunha bolsa xa preparada coas borras de café. Ao rematar,  entregounos a bolsa para que nós sexamos quen de coidar os nosos cogumelos.
Agora tan só temos que esperar a que crezan!!



Iremos contando como vai a cousa
Nenas e nenos de E. Infantil 4ºB