PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA
Amosando publicacións coa etiqueta VISITAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VISITAS. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de decembro de 2019

"ACTIVIDADES NO MUSEO"

Neste trimestre fixemos 2 visitas ao Museo. 
A primeira para ver unha exposición na que nos explicaron como vivían os primeiros homes e mulleres na prehistoria, as ferramentas e armas que utilizaban, como as fabricaban...






E a segunda para escoitar a Raquel, unha contadora xenial que nos mantivo ben atentas e atentos cos seus contos:
"A sopa queima", "A mellor sopa do mundo", "O Galo Traganoces" e "Pedra, pau e palla"






Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 5 de maio de 2019

"O GANAPÁN"

Fomos de visita ao Mercado cos compañeiros e compañeiras de 5ºA. Case todos recoñecimos o sitio porque vivimos moi cerquiña. Algúns de nós xa estiveramos dentro coas nosas familias. Aínda así, aprendimos un montón de cousas sobre os productos que se venden na plaza. As monitoras da actividade, Lorena e Sandra, foron moi atentas con nós e con elas fixemos unha visita guiada por las diferentes zonas do mercado: carnicería, peixaría, froitería...Un dos postos que máis nos gustou foi o de venta de marisco, onde puidemos ver algún exemplar aínda vivo.
Ao finalizar o percorrido subimos á sala O Ganapán, alí decoramos uns peixiños para facer un libriño. Para rematar comimos unha rica tosta de paté e volvimos ben contentas e contentos para o cole.









Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB