PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA
Amosando publicacións coa etiqueta MUSEO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MUSEO. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de decembro de 2019

"ACTIVIDADES NO MUSEO"

Neste trimestre fixemos 2 visitas ao Museo. 
A primeira para ver unha exposición na que nos explicaron como vivían os primeiros homes e mulleres na prehistoria, as ferramentas e armas que utilizaban, como as fabricaban...






E a segunda para escoitar a Raquel, unha contadora xenial que nos mantivo ben atentas e atentos cos seus contos:
"A sopa queima", "A mellor sopa do mundo", "O Galo Traganoces" e "Pedra, pau e palla"






Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 29 de outubro de 2017

"VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA"

O proxecto deste ano no cole xira arredor da ARTE, por iso decidimos que a nosa 1ª visita do curso sería ao MUSEO de Pontevedra.
Vimos algúns dos seus cadros, falamos do que representan e logo fixemos a nosa versión de "Acordeón de Caruncho". Esperamos que vos guste.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

xoves, 17 de novembro de 2016

"VISITA AO MUSEO"

O mércores 16 visitamos o "Museo de Pontevedra". Aprendimos un montón de cousas sobre o Arte. Nos museos ao igual que nas bibliotecas e outros lugares debemos falar baixiño e ter moito coidado coas obras expostas. 
Nesta visita tivemos un guía estupendo, chamábase José. 
José explicounos como interpretar algunhas obras, falounos das cores frías e quentes, dos elementos dalgúns cadros... e tamén fixo con nós algúns xogos que nos axudaron a entender mellor todo o que nos contaba. 
Foi unha visita xenial!!!, ... e nos gustaría volver algún outro día.

Visita ao museo
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB