PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA
Amosando publicacións coa etiqueta TEATRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TEATRO. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de abril de 2019

"PATAPATUM"

Resultado de imagen de PATAPATUM TEATRO
O venres 5 fomos ao teatro ver a obra Patapatum. Pensabamos ir en autobús pero como non chovía aproveitamos para facer exercicio e ir andando.

Gustounos moito e disfrutamos do espectáculo con todos os compañeros e compañeiras de Infantil. O único que nos faltou foi ver a Orbil pero pronto iremos visitalo ao Salón do Libro.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

mércores, 6 de febreiro de 2019

"BURBULLAS DE PAPEL"

Hoxe fomos ao teatro ver a obra "Burbullas de Papel". Como non chovía poidemos ir andando, aínda que nos gustaría ter ido en autobús. Fomos os primeiros en chegar ao teatro, así que poidemos coller os mellores sitios, estivemos xusto nas primeiras filas.
A obra gustounos moito, aínda que non falaban... tocaban a trompeta e facían sombras e burbullas e tamén bailaban. 






Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

domingo, 13 de maio de 2018

"TEATRO E CORRELÍNGUA"

Nestas últimas semanas non paramos...
Na clase estivemos pintando os guerreiros de Manuel Moldes, o artista do que estivemos falando e ao que decidimos coñecer un pouco mellor. Mirade como nos gusta o traballo con pincel.


Pero entre pintura e pintura tamén fomos ao teatro. Primeiro fomos ver a obra "A ovella Engracia" ao Pazo da Cultura... unha ovella moooooi particular. E outro día asistimos ao auditorio Afundación á representación de "Antón Comodón". Antón pareceunos moi simpático e a súa viaxe resultou realmente divertida para nós. 
 

Pero non solo tivemos teatro, o 8 de maio celebrouse a festa da Lingua en Pontevedra... O Correlíngua, na que participaron moitos centro de ensino da cidade e dos arredores. Como todos os anos estaba o noso amigo Dragón. Houbo música, globos e baile. 
O lema deste ano foi "A língua non para", frase que pintamos nos nosos dorsais.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

mércores, 14 de febreiro de 2018

"A NENA E O GRILO"

O día 6 de febreiro fomos ao teatro. O camiño era longo, pero xa somos quen de ir andando cos compañeiros e compañeiras. A obra titulábase: A nena e o grilo.
Gustounos moito!!! sobre todo cando a nena e o grilo subiron no barco.



Cando xa estabamos sentados apagaron as luces. Comezou a función e estivemos tan atentos que non se escoitaba nada máis que a música e aos artistas da obra. ¡¡¡Canto nos gustou ir ao teatro!!!


Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB