PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

mércores, 25 de novembro de 2015

"BICHOS, POR IVÁN E SABELA"

DESTA VOLTA IVÁN E SABELA QUIXERON COMPARTIR CON TOD@S NOVAS SORPRESAS.
IVÁN ESTIVO DE VACACIÓNS COA SÚA FAMILIA E COÑECEU DE CERCA O MUNDO DE VARIOS BICHOS: FOCAS, PINGÚÍNS, UNHA BELUGA (BALEA BLANCA)... CERVOS, DINOSAURIOS...
FALOUNOS DE COMO SON, ONDE VIVEN E TAMÉN DE ALGO MOI IMPORTANTE: 
- NON DEIXAR LIXO TIRADO NAS PRAIAS NEN NOS SEUS ARREDORES.
O LIXO QUE VAI AO MAR ADEMÁIS DE CONTAMINAR FAI QUE MOITOS ANIMAIS MORRAN.

E TAMÉN NOS ENSINOU ALGUNHAS DAS FOTOS QUE FIXO:

SABELA POLA SÚA PARTE TROUXO O SEU HAMSTER A CLASE. CHÁMASE "ELA". COSTOUNOS UN POUCO VELO PORQUE ESTABA ALGO NERVIOSO E NON QUERÍA SAÍR DA SÚA CASIÑA. 
AO FINAL CONSEGUIMOS QUE PASEARA UN RATIÑO E ASÍ DISFRUTAMOS VENDO COMO DABA VOLTAS NA RODA E NOS MIRABA MOI CURIOSO.
SABELA CONTOUNOS TAMÉN QUE O SEU HAMSTER BEBE AUGA E COME PIPAS E QUE PASA MOITO TEMPO DURMINDO.




Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

"MURAL DE OUTONO"

TRABALLAMOS DURANTE DÍAS COOPERANDO ENTRE NÓS E COS NENOS E NENAS DA PROFE CARMEN:
- PINTAMOS CON ESPONXA
- COAS MANS FIXEMOS FOLLIÑAS DE CORES
- ESTAMPAMOS FOLLIÑAS DE VERDADE
UTILIZAMOS CORES DE OUTONO VARIADAS E FINALMENTE REMATAMOS O NOSO MURAL. XA ESTÁ COLGADO E NOS SERVIRÁ DE BASE PARA TRABALLAR AO LONGO DO CURSO. 
MIRADE QUE CHULOOO QUEDOU!!!

Mural outono
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

mércores, 18 de novembro de 2015

"SEGUIMOS COÑECENDO BICHOS"




FOI LEO DE NOVO O QUE TROUXO UNHA CAIXIÑA CHEA DE... ¡¡¡BICHIÑOOOSSSS!!!
EXPLICOUNOS QUE FOI O SEU AVÓ O QUE COLLEU OS BICHIÑOS NO CAMPO. VIÑAN BEN PROTEXIDOS PARA EVITAR PERIGOS A ELES E A NÓS.
EN CADA TARRO TIÑA UNHA ESPECIE DIFERENTE E POIDEMOS VER:
- UN GRILO
- UNHA AVISPA
- UNHA ARAÑA


TODOS NÓS TIVEMOS COIDADO PARA NON TOCALOS E CONTAMOS AS SÚAS PATAS, VIMOS AS SÚAS CORES E FALAMOS DO QUE COMEN E COMO VIVEN.




¡¡¡MOITAS GRAZAAAAASSSS LEO!!!
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

"TEMPO DE COGUMELOS"

NO OUTONO PODEMOS ATOPARNOS CON MOITAS SORPRESAS E DESTA VOLTA FOI MAURO O QUE TROUXO A CLASE: "COGUMELOS"
ANTES DE VELOS E COMENTAR ENTRE TODOS TIVEMOS QUE ADIVIÑAR DE QUE SE TRATABA. MAURO DEUNOS 4 PISTAS:
- TEÑEN RABIÑO E UNHA CABECIÑA PLANA E REDONDA
- NACEN NO MONTE
- SON DE COR MARRÓN
- PÓDENSE COMER
E DESPOIS DE MOITAS HIPÓTESES, POR FIN ADIVIÑAMOS E VIMOS OS 2 COGUMELOS QUE MAURO TROUXO NO SEU TARRO

¡¡¡MOITAS GRAZASSSSSSS MAURO!!!
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

venres, 13 de novembro de 2015

"FESTA DO MAGOSTO"

HOXE TIVEMOS FESTA, NO COLE CELEBRAMOS O MAGOSTO. 
CANTAMOS, BAILAMOS, FIXEMOS XOGOS, COMIMOS CASTAÑAS E PASÁMOLO XENIAL. FOI UNHA MAÑÁN BEN COMPLETA, TODO COMEZOU E REMATOU NA SEGUINTE ORDE:
- LEVAMOS AS CASTAÑAS AO CUBO COMÚN QUE ESTABA NO CORREDOR AO LADO DE CONSERXERÍA.
- BAIXAMOS VER COMO ASABAN AS CASTAÑAS. UTILIZARON CARBÓN PORQUE SE AS FIXERAN CON LEÑA SERÍA CHURRASCO (SEGÚN PENSABAMOS ALGÚNS)
- COLLIMOS CADA UN A SÚA CESTA PARA BAIXAR AO PATIO
- FIXEMOS UNHA ROLDA DE XOGOS POR CLASES: CIRCUITO, PARACAÍDAS, AROS MUSICAIS, CASTAÑA POR DETRÁS, TRAGACASTAÑAS E DALLE A VOLTA AO CAROZO
- E ¡¡¡COMIMOS RICAAAAASSSS CASTAÑAS ASADAS!!!
TODA UNHA MAÑÁN DE MAGOSTO.

MAGOSTO 15
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

xoves, 12 de novembro de 2015

"MÁIS BICHOS"

ESTA SEMANA FORON IVÁN E LEO OS QUE QUIXERON SORPRENDERNOS EN CLASE.
IVÁN TROUXO AS SÚAS TARTARUGAS E CONTOUNOS QUE:
- VIVEN NA AUGA
- COMEN UNHAS BOLIÑAS ESPECIAIS
- TEÑEN UN CAPARAZÓN MOI DURO
LOGO POIDEMOS VELAS POR EQUIPOS E COMENTAR CANTO NOS GUSTABAN



 

E AO DÍA SEGUINTE LEO AMOSOUNOS OS SEUS PEIXIÑOS E TAMÉN NOS FALOU DELES:
- VIVEN NA AUGA, PERO NON MOI FRÍA
- GÚSTALLES METERSE ENTRE AS PEDRAS E AS CUNCHAS
E LOGO VÍMOLOS NADAR E AGOCHARSE POR TODA A PECEIRA



MOITAS GRAZASSSSSSS!!!! AOS DOUS
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB