PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

mércores, 30 de decembro de 2015

"PORTADAS DE NADAL 2015"




ESTE ANO AS NOSAS PORTADAS ESTÁN INSPIRADAS NUNHA LINDA PAISAXE DE INVERNO, CADA UN E CADA UNHA FIXO A SÚA PROPIA REPRESENTACIÓN.

¡¡FELICES FESTAS!!
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

"TEATRO E VISITA ESPECIAL"




ANTES DE IRNOS DE VACACIÓNS POIDEMOS DISFRUTAR DUNHA OBRA DE TEATRO E DA VISITA DE PAPA NOEL POLO COLE.
FOI "XAN" O QUE NOS TROUXO UNS TÍTERES MOI FERMOSOS QUE NOS CONTARON A HISTORIA:
"O SAPO ENCANTADO".

E TAMÉN RECIBIMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL QUE NOS PUXO UN TANTO NERVIOSAS E NERVIOSOS
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

"ÁRBORES DE NADAL"

AS PORTAS DAS CLASES DE 5 ANOS ESTÁN MOI CHULAS E NÓS DECIDIMOS COPIAR A SÚA IDEA. ASÍ POIS, FOMOS VER AS ÁRBORES QUE FIXERON, (CON MOITO COIDADO PARA QUE NON SE DECATARAN), E ELABORAMOS AS NOSAS BOLAS PARA DECORAR A PORTA DA CLASE.




E ASÍ QUEDARON AS NOSA ÁRBORES; NA PORTA E NA VENTÁ


 Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

"CUMPLE EN DECEMBRO"

E XA TODOS TEMOS 4 ANOS. ESTE DECEMBRO ANDREA ESTIVO DE CUMPLE E CELEBRÁMOLO CON ELA. ADORNAMOS A SÚA COROA, FIXÉMOSLLE  UN LINDO AGASALLO E CONVIDOUNOS A RIIIIICO BISCOITOOOO E ZUMOS.
FELICIDADESSSSSS ANDREA!!!

FELICIDADES
Nenas e nenos de Ed.Infantil 5ºB

martes, 15 de decembro de 2015

"ETIQUETAS PARA PIQUÍN"

PIQUÍN QUERE SABER O QUE É UN BICHO PARA NÓS E PARA LEVARLLE AS NOSAS IDEAS ANOTÁMOLAS NAS ETIQUETAS QUE NOS REGALOU. FOMOS Á BIBLIOTECA E DEIXÁMOLAS NA SÚA  CAIXA DE CORREO.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

venres, 11 de decembro de 2015

"BOLAS DE NADAL"

XA CHEGA O NADAL E MENTRES ESCOITAMOS O CONTO DO "APALPADOR" FACEMOS BOLAS PARA ADORNAR A NOSA ÁRBORE.
AÍNDA QUE PARECE FÁCIL... NON É TANTO.
FIXEMOS AS BOLAS CON PAPEIS DE XORNAIS VELLOS, ATA AHÍ TODO BEN...
PERO LOGO TIÑAMOS QUE ENVOLVELAS COS RESTOS DE PAPEL DOS BOCATAS QUE FOMOS GARDANDO. ESA PARTE FOI UN POUQUIÑO MÁIS DIFÍCIL PERO FINALMENTE ¡¡¡SI QUE O CONSEGUIMOS!!!




Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB