PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

mércores, 10 de febreiro de 2016

"ENTROIDO 2016"

ESTE ANO PARA CELEBRAR O ENTROIDO DISFRAZÁMONOS DE BOLBORETAS. 
FOI UNHA DECISIÓN BEN DIFÍCIL. 
EMPEZAMOS PENSANDO EN BICHOS PEQUENOS QUE COÑECIAMOS E DESPOIS DUN LONGO DEBATE CHEGAMOS A UNHA DECISIÓN CONXUNTA. QUERÍAMOS IR DE BOLBORETAS DE MOITAS CORES.
PENSAMOS NO QUE SE PRECISABA: ÁS DE CORES, CORPOS DE BOLBORETA, E MOITOS CÍRCULOS PARA ADORNAR AS ALAS.
TIÑAMOS MOI CLARO QUE O MELLOR XEITO DE FACER OS TRAXES ERA TRABALLANDO EN EQUIPO, PERO DESTA VOLTA FIXÉMOLO UN POUCO DIFERENTE, CREAMOS "GRUPOS DE EXPERTOS"
SABEMOS QUE "EXPERTO" É AQUELA PERSOA QUE FAI ALGO MOOOOOI BEEEENNN, E NÓS FIXEMOS 4 GRUPOS DE EXPERTOS:
- EXPERTOS EN CORTAR ÁS
- EXPERTOS EN CORTAR CORPOS
- EXPERTOS EN CORTAR CÍRCULOS
- EXPERTOS EN PEGAR CORPOS E CÍRCULOS
ASÍ QUE... DECIDIMOS QUE EN CADA EQUIPO HABERÍA 1 EXPERTO PARA CADA GRUPO DE TRABALLO, AGÁS PARA CORTAR ÁS QUE TERÍAMOS 2 EXPERTOS POR EQUIPO. E FEITOS OS GRUPOS PUXÉMONOS MANS Á OBRA.



 
TRABALLAMOS TODOS SEN PARAR ATA QUE REMATAMOS TODOS OS TRAXES, AGORA TOCABA ELEXIR CADA UN O QUE MÁIS LLE GUSTABA E PERSONALIZALO. PARA ESO PINTAMOS OS CORPOS E ADORNAMOS CON PEGATINAS.
E REMATAMOS O NOSO DISFRAZ COAS ANTENAS FEITAS NA CASA E UNS ANTIFACES SUPERCHULOS.
E POR FIN, ¡¡¡CHEGOU O DÍA DA FESTA!!!

"FESTA DE ENTROIDO"
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

xoves, 4 de febreiro de 2016

CELEBRAMOS OS PRIMEIROS CUMPLES DO 2016

ESTA SEMANA DE ENTROIDO CELEBRAMOS A PRIMEIRA MERENDOLA DE CUMPLE DO 2016. FELICITAMOS A CARMEN E MAURO, 
XA TEÑEN 5 ANOSSSS. ¡¡¡NORABOA!!!
TROUXERON ZUMOS E RIIIICO BISCOITO PARA INVITAR A TOD@S. NÓS FIXEMOS PARA ELES LINDOS AGASALLOS E ADORNAMOS XUNTOS AS SÚAS COROAS.
¡¡¡MOITAS GRAZASSSS!!! POR COMPARTIR ESTE DÍA E ¡¡¡MOITASSSS FELICIDADES!!!

¡FELICIDADES!
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

mércores, 3 de febreiro de 2016

"DÍA DA PAZ"



PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ NA CLASE FIXEMOS UN DEBUXO DE CADA UN DE NÓS, LOGO OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE CLASE ELEXIRON UNHA MENSAXE BONITA PARA ESCRIBIR  AO LADO DE CADA UN E CADA UNHA. QUEDARON MOI CHULOS. TAMÉN FIXEMOS POMBAS DA PAZ COA PROFE DE INGLÉS E COLOCAMOS O NOSO TENDAL COS BANDERÍNS QUE TROUXEMOS DE CASA
 

NO COLE, COMO VIMOS FACENDO TODOS OS ANOS, FÍXOSE UNHA SOLTA DE POMBAS NO PATIO. PARA REMATAR TIVEMOS A LECTURA DUN MANIFESTO, A CANCIÓN DO HIMNO DA ALEGRÍA  E UN BAILE NO SALÓN DE ACTOS. 

 







Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB