PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

venres, 27 de maio de 2016

"CUMPLES DE MAIO"

ESTE MES DE MAIO CELEBRAMOS O CUMPLE DE: VICENTE, PAULA, LEO E MICHELLE.
XA TEÑEN 5 ANOS. CELEBRÁMOLO CON RIIIIIICO BISCOITO E ZUMO. NÓS FIXÉMOSLLES UN LINDO AGASALLO E ADORNAMOS CON ELES AS SÚAS COROAS.
MOITAS GRAZASSSSS POR COMPARTIR CON NÓS OS VOSOS CUMPLES.
¡¡¡MOOOOOITAS FELICIDADESSSSS!!!

¡FELICIDADES!
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

xoves, 19 de maio de 2016

"LETRAS GALEGAS"

O 17 DE MAIO FOI O "DÍA DAS LETRAS GALEGAS". ESTE ANO O ESCRITOR HOMENAXEADO É:
MANUEL MARÍA.
PIQUÍN PREPAROU UN FERMOSO MURAL PARA REMATAR A SÚA INVESTIGACIÓN DESTE ANO E INVITOUNOS A RESOLVER CON EL ALGUNHAS ACTIVIDADES:
- BUSCAR BICHOS QUE EMPEZEN POLA LETRA "M" DE MANUEL MARÍA.
- RESOLVER UN SUDOKU CON FOTOS DE BICHOS
- COMPOÑER UN PUZZLE DUNHA PORTADA DUN LIBRO DE MANUEL MARÍA
- FACER UNHA CARICATURA PARTINDO DA FOTO DE MANUEL MARÍA
ASÍ QUE FOMOS Á BIBLIOTECA E ALÍ ESTIVEMOS TRABALLANDO.




Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

domingo, 8 de maio de 2016

"APÍPOLIS 16"

E CHEGOU O DÍA DA EXCURSIÓN, APÍPOLIS NOS ESTABA ESPERANDO... SABÍAMOS XA ALGUNHAS COUSAS DAS ABELLAS, AGORA SOMOS EXPERTOS NO TEMA.
O MUNDO DAS ABELLAS É CASI MÁXICO, DENDE QUE RECOLLEN O POLEN ATA COMO VIVEN, TRABALLAN NA SÚA COLMEA, FAN O MEL...
PUIDEMOS VER TODO O PROCESO DA MEL, CONVERTÍMONOS EN APICULTORES POR UN DÍA, FIXEMOS GALLETAS E FIXEMOS VELAS COA CERA. FOI UN DÍA ESTUPENDO.
O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI:
- VER A ABELLA REINA
- FACER GALLETAS E VELAS
- COMER TODOS XUNTOS
- IR EN AUTOBÚS
- VESTIRNOS O TRAXE DE APICULTOR







APÍPOLIS 16
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

"CORRELÍNGUA 2016"

EMPEZOU O MES DE MAYO E CON EL CHEGOU A PONTEVEDRA O CORRELÍNGUA. NÓS QUIXEMOS PARTICIPAR, E CON TODOS OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º DE INFANTIL FOMOS A PRAZA DA FERRERÍA.
FACÍA MOITO SOL, MENOS MAL QUE TIÑAMOS UNHAS GORRAS MOI CHULAS PARA PROTEXERNOS DA CALOR. HABÍA MOITOS COLES PARTICIPANDO NA EDICIÓN DESTE ANO E A PRAZA ESTABA BEN CHEA.
FIXEMOS UN PERCORRIDO POLO CASCO VELLO E LOGO BAILAMOS AO SON DA MÚSICA DUN GRUPO DE ROCK. PASÁMOLO XENIAL. 

CORRELÍNGUA
Nenas e nenos de Ed.Infantil 5ºB

domingo, 1 de maio de 2016

"CUMPLES EN ABRIL"

ESTA SEMANA CELEBRAMOS OS CUMPLES DE: LOAIRA, AINHOA E MANUEL. 
XA TEÑEN 5 ANOS!!!
TROUXERON RIIIIICO BISCOITO E ZUMOS PARA CELEBRALO.
NÓS FIXEMOS UN LINDO AGASALLO PARA CADA UN E DÉMOSLLO ESE DÍA. TAMÉN AXUDAMOS A QUE ADORNASEN AS SÚAS COROAS.
¡¡¡MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON TODOS!!! E ¡¡¡MOITASSSSS FELICIDADESSSS!!!

FELICIDADESSSS
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

"BIBLIOTECA PÚBLICA"

FOMOS DE VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA. ALÍ NOS ESPERABA ROCÍO, EXPLICOUNOS AS NORMAS DA BIBLIOTECA E LOGO  CONTOUNOS UNHA VERSIÓN MOI LINDA SOBRE O CONTO: "ONDE VIVEN OS MONSTROS". 
APROVEITAMOS PARA MERENDAR NO PARQUE E REALIZAMOS O CAMIÑO COS NENOS E NENAS DA PROFE CARMEN.

Biblioteca Pública 16
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB