PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

mércores, 27 de decembro de 2017

"CHEGA O NADAL"

O Nadal xa chegou e no cole traballamos para deixar todo listo antes de marchar de vacacións.
Picamos bolas para a nosa árbore de Nadal, fixemos casiñas con neve e tamén elaboramos a nosa postal.
















Visitounos Papa Noel, preparamos as nosas portadas e por suposto tamén escribimos a carta para os Reis Magos.





Boas Festas e ata a volta.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB


martes, 19 de decembro de 2017

"O APALPADOR"

FAI MOITO, MOITO TEMPO, ANTES DE QUE CHEGASE PAPA NOEL A GALICIA, VIVÍA NOS MONTES DO CAUREL UN PERSONAXE MOI ESPECIAL: "O APALPADOR". 
SE QUEREDES ESCOITAR A SÚA HISTORIA AQUÍ A TENDES.

E PARA SABER MÁIS COUSAS SOBRE EL CLICADE EN:
BIBLIOPIQUÍN

mércores, 13 de decembro de 2017

"CHUVIA DE CORES"


Levamos xa un tempo experimentando coas cores, xa estamos feitos un verdadeiros artistas. Piquín estaba esperando que lle fixéramos un agasallo e por fin o rematamos.
A nosa obra titúlase "Chuvia de Cores" e fomos levarlla cos nenos e nenas da profe Carmen. Eles tamén levaban a súa, "Blue" e alí as deixamos expostas. Quedaron realmente fermosas.




Pero facer o noso cadro levounos o seu tempo. Pintamos por equipos, arrugamos xornais vellos para facer o marco e debatimos para elexir o título



Aproveitamos a nosa visita a Piquín para deixarlle na súa Caixa de Correo a nosa definición do que É un Artista.