Fomos de excursión todo o día. A nosa primeira saída de comida co resto dos nenos e nenas da clase. Fomos en autobús a ATALAIA, un lugar fermoso no que disfrutamos moito.
Non paramos en todo o día: plantamos leitugas, coidamos aos animais, démoslles de comer, fixemos tiro con arco e o mellor de todo... montamos en CABALO!!!
Cando chegamos fomos deixar as nosas mochilas, e mentras nos organizaban en grupos, nós merendamos para logo empezar a xornada na granxa con enerxía.
No noso grupo estivemos xuntos todo o día cos nenos e nenas da profe Carmen. O primeiro obradoiro que nos tocou foi "Horta". Así que subimos ao invernadoiro e alí nos explicaron como se coidan as plantas e que precisan para poder crecer. Logo plantamos as nosas leitugas.
Ao rematar na horta tocounos ir á zona de "Tiro con Arco". Tamén entramos no Tipi que estaba moi chulo e chamamos polo indio que alí vive... pero non quixo presentarse.
Despois fomos coñecer aos animais da granxa: galiñas, patos, ovellas, burro, porcos, cabras, cabalos... démoslles de comer e aprendemos como facer para mantelos limpos e sans.
Esta parte gustounos moitíiiiisimooo.
E por fin chegou a hora de comer, estabamos xa famentos. A comida estaba moi rica e así a desfrutamos en compañía dos nosos amigos e amigas... e ao rematar o almorzo tocou o que todas e todos estabamos esperando...
¡¡¡UN PASEO A CABALO!!!
Foi sen dúbida o mellor de toda a xornada, un bo final para un día tan estupendo
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB