PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

venres, 29 de novembro de 2019

"THIAGO E A SÚA MALETA VIAXEIRA"

Desta volta a maleta viaxeira chega da casa de Thiago. Descubrimos os seus tesouros, importantes para el, e que  nós trataremos con moita delicadeza.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

venres, 22 de novembro de 2019

"MALETA VIAXEIRA DE XABI"

A  maleta viaxeira inicia a súa andadura polas nosas casas. Tocoulle empezar a Xabi e aquí temos os seus tesouros. Coidarémolos moito.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 17 de novembro de 2019

"CUMPLES NOVEMBRO 19"

¡¡¡Xa todas e todos temos 5 anos!!!
Xabi e Kevin estiveron de cumple neste mes de novembro. Foron os últimos aniversarios do 2019, aínda que todavía quedan máis ao longo do curso.
Celebrámolo por suposto en conxunto co resto da clase, comemos rico biscoito e zume de laranxa que trouxeron eles para compartir.
Entregámoslle a cada un o agasallo que lles tiñamos preparado, feito entre todas e todos.
¡¡¡FELICIDADES XABI E KEVIN!!! e moitas grazas por compartilo con nós.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"MAGOSTO 2019"

O martes 12 celebramos o Magosto no cole.
Este ano, a mañán foi máis intensa que outras veces xa que tivemos novidades:
-Empezamos o día no salón de actos, onde puidemos disfrutar de varias actuacións de alumnado de Primaria, un pouco de baile, percusión e obra teatral.
Logo do recreo, fixemos xogos no patio: tragacastañas, carozo, aros musicais, castaña por detrás, circuito e paracaídas.
E chegou a hora de comer castañas, pero como estaba chovendo tivemos que comelas en clase, o que non impediu que as disfrutásemos igual.

Magosto 19
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 10 de novembro de 2019

"CON D DE ARTE"

 Este xoves, día 7, fomos visitar unha exposición titulada "Con D de Arte" ao Café Moderno.
Alí esperaban por nós Iago e Marta, os nosos guías.
Cando chegamos nos contaron que Pintafontes tiña un pequeno problema. As súas amigas, a liña e a cor, estaban enfadadas.  Estiveron pelexando e por accidente déronlle un golpe a Pintafontes deixándolle un ollo morado.
Percorremos a exposición en busca das liñas e as cores que había nos cadros e comprobamos como pouco a pouco volveron facerse amigas e o problema quedou solucionado.
Ao rematar a visita e antes de voltar ao cole, nós tamén fixemos uns fermosos cadros cheos de liñas e de cores.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"ANXO MOURE E SERVANDO BARREIRO"

Esta semana poidemos disfrutar da visita de Anxo Moure (Carballo con Botas) e Servando Barreiro para contar e cantar con nós na biblioteca do cole.
Contaron e cantaron historias de fadas, de trasnos, da Apalpadora, da Xacia Luviñas... e moitos máis seres fantásticos cos que nos enfeitizaron.
Desfrutamos moito escoitándoos e formando parte das súas historias.
¡¡Moitas grazas Anxo e Servando!! por compartir con nós e achegarnos un pouquiño máis ao fermoso "Mundo da Fantasía".





Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB