PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

domingo, 15 de xaneiro de 2017

"SAÍMOS NA RADIO"

Esta semana participamos no programa de Onda Cero: "Dalle a Língua" xunto cos nenos e nenas da profe Carmen. Cantamos unha canción que nos gusta moito do grupo Pelo Gato 24. A canción chámase "Arao, Arao".
A grabación fíxose na biblioteca do cole e cando baixamos tivemos que esperar moi caladiños a que remataran os nenos e nenas que estaban grabando antes que nós.


Cando entramos colocámonos arredor da reportera e cantamos a nosa canción.



A emisión das gravacions que se realizaron no noso centro serán:
dende o luns 30 de XANEIRO ata o venres 10 de FEBREIRO ( de luns a venres) a partir das 11:50 da mañá. Podédelo escoitar:
EN DIRECTO
-no dial 103.6 fm
-en internet
http://www.ondacero.es/emisoras/galicia/pontevedra/directo/
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 8 de xaneiro de 2017

"NADAL 2016"

Xa chegaron as vacacións de Nadal, pero antes de marchar poidemos disfrutar da visita de Papa Noel e o Festival de Nadal. 




E si queredes ver máis clicade na páxina do cole:
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB 

venres, 23 de decembro de 2016

"CUMPLE E VISITA SORPRESA"

Esta semana celebramos o cumple de Andrea. Xa todos e todas temos 5 anos. Fixemos unha riquíiiisiiiima merendola co bizcoito que nos trouxo Andrea e regalámoslle un fermoso cadro feito entre tod@s. Moitas Felicidadesssssss Andrea!!!!



Pero no mesmo día tivemos unha segunda sorpresa, Uxía veu a visitarnos. Xa está de vacacións e veu pasar un ratiño pola mañán con nós. Puxémonos moi contentos e contentas de vela.

 
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 18 de decembro de 2016

"NOVAS MALETAS VIAXEIRAS"

E chegan novas maletas ao longo da semana. Iria e Vicente levaron a maleta viaxeira para escoller en familia os seus tesouros. Que sorpresas nos traerán?? Aquí están:



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

xoves, 15 de decembro de 2016

"LEIRO"



Fomos visitar a Exposición de Leiro na Fundación. Tivemos sorte porque non choveu e poidemos ir andando. 
De camiño paramos na Ferrería e fixémonos unha foto diante da árbore de Nadal xigante que está na praza.
Cando chegamos á Fundación nos esperaba Patricia. Foi a nosa guía e recorreu con nós a exposición. 
                                         

Ela explicounos moitos detalles sobre a vida de Francisco Leiro e a súa obra. Agora sabemos que Leiro naceu en Cambados e que lle encantaba dar paseos polos bosques. Unha das esculturas que máis nos gustou foi a do Fauno. Patricia contounos que Leiro o sacou dun castiñeiro. Tamén había outras sacadas dunha nogueira e unhas moi interesantes que representaban a voluntarios limpando as praias do desastre do Prestige. Logo fixemos unhas fermosas paisaxes estampando follas e pintando con ceras. Gracias Patricia!!!

Nenas e nenos de Ed.Infantil 6ºB

domingo, 11 de decembro de 2016

"A MALETA VIAXEIRA CHEGA DE NOVO"

A nosa maleta viaxeira segue recorrendo as nosas casas. Desta volta pasou uns días con Dominick e Leo, foron eles os que nos trouxeron pequenos tesouros para compartir.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB