Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB
PONTEPEQUES
BLOG DE AULA
domingo, 5 de marzo de 2017
"Pantallas de Entroido"
Rematou o Entroido pero antes de pechar este tema queremos amosarvos as fotos das nosas Pantallas de Entroido. Xunto coas nenas e nenos da profe Carmen decoramos o espazo entre as dúas aulas. Mirade que chulas!!
domingo, 26 de febreiro de 2017
"ENTROIDO 2017"
Chegou o Entroido e nós decidimos disfrazarnos de Agasallos. Foi unha decisión difícil pero finalmente chegamos a un acordo entre todos e todas.
Cando xa tiñamos claro o disfraz e como queríamos facelo fixemos Grupos de Expertos para elaborar en conxunto os traxes.
Tiñamos 5 Grupos de Expertos:
- Cortado Cartulinas
- Cortado cintas de papel de regalo
- Marcado e recortado de formas xeométricas
- Pegado de tiras
- Pegado de formas
Cando xa estaban listos, cada nena e nenos eliximos un dos disfraces e con gomets de cores decidimos personalizalo.
Pasámolo en grande elaborando os disfraces, pero máis aínda disfrutamos o día da festa. Desfilamos arredor do cole co resto dos rapaces e rapazas e bailamos no patio ao son da música que sonaba.
"ÚLTIMAS MALETAS VIAXEIRAS"
A maleta viaxeira fixo xa o último percorrido do ano. Nestas semanas foi e voltou das casas de Lino, Sabela, Carmen e Víctor. Con estas viaxes remata a recollida das nosas máis preciadas pertenzas. Queredes velas??
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)