PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

venres, 2 de xuño de 2017

"LETRAS GALEGAS 2017"

Como ben sabedes este ano o escritor homenaxeado nas Letras Galegas é Carlos Casares. Nós estivemos falando moito del, da súa vida e obras e descubrimos moitas cousas:
- naceu en Ourense
- gustábanlle os trens
- foi mestre
- a súa muller chamábase Kristina
- escribiu varios libros para nenas e nenos: A galiña azul, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, Lolo anda en bicicleta e Toribio.
Pois todo isto o traballamos na biblioteca a partir de varias actividades que Piquín nos tiña preparadas


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

xoves, 1 de xuño de 2017

"CUMPLES DE MAIO"

No mes de maio estiveron de cumple: Dominick, Paula, Vicente, Michelle e Leo. 
Celebrámolo comendo ricoooo biscoito  e zumos que trouxeron para compartir cos compañeiros e compañeiras da clase. E nós preparamos para eles fermosos agasallos. 
Moitas Felicidadesssss!!!! Moitas Grazassss Dominick, Paula, Vicente, Michelle e Leo.


 

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

venres, 26 de maio de 2017

"VISITA AO CARLOS OROZA"

Saímos visitar o centro Carlos Oroza. Teñen unha horta moi chula e nos levaron de percorrido para coñecer diferentes productos dos que alí cultivan: patacas, chícharos, cenorias, amorodos, tomates...
Fixemos un colorido collage e antes de marchar puidemos ver as cociñas...Son enoooormes...


Carlos Oroza
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

xoves, 25 de maio de 2017

"CORRELÍNGUA 17"

O mércores 18 participamos no Correlíngua. Fixemos un estupendo percorrido polo casco vello da cidade e logo bailamos e cantamos na Ferrería. Disfrutamos moito da xornada aínda que non vimos o dragón... o que nos disgustou un pouquiño pero pronto se nos pasou.

Correlíngua 17
Nenas e nenos de Ed.Infantil 6ºB

sábado, 13 de maio de 2017

"TEATRO GATUXO"

Esta semana fomos ao teatro ver a obra musical "GATUXO". Gustounos moito e pasámolo moi ben. E o que nos encantou foi ir en autobús porque decían que ía chover.






Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

mércores, 10 de maio de 2017

"CUMPLES EN ABRIL"

No mes de Abril tivemos 3 cumples en clase: Ainhoa, Loaira e Manuel. Celebrámolo todos xuntos comendo riiiicooo biscoito que eles trouxeron acompañado de zumo. Para ese día tiñamos preparados uns agasallos feitos entre todas e todos e démosllos ao rematar tan estupenda merendola.
Moitasssss Felicidadesssss!!! e Moitassss Grazasssss Loaira, Manuel e Ainhoa!!!




Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB