PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

luns, 12 de xuño de 2017

"FIRMANDO CONTOS"

Rematamos Ed. Infantil, xa imos pensando nas vacacións e no que medramos nestes tres anos. Estes días estamos recollendo as nosas cousas. Recordamos o que fixemos dende que comezamos no cole e tamén os contos que trouxemos para compartir cos nosos amigos e amigas. 
Decidimos entre todas e todos que cadaquén ía deixar un deles para que forme parte da biblioteca de aula, pero antes firmámolo e será o noso agasallo para vindeiros nenos e nenas.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 4 de xuño de 2017

VISITA CARLOS OROZA EN VÍDEO


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"VISITA A BOMBEIROS"

O xoves 1 de xuño visitamos Bombeiros de Pontevedra. Explicáronnos o seu traballo e tamén nos ensinaron algunhas das ferramentas que utilizan de xeito habitual. Agora sabemos que teñen diferentes traxes e que en función da tarefa visten o máis axeitado.
Pero o que máis nos gustou foi subir ao camión e meternos na espuma.

BOMBEIROS 17
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB 

"VISITA CRUZ VERMELLA"

O mércores 31 de maio fomos visitar a Cruz Vermella. Cando entramos poidemos ver o ximnasio no que a xente maior fai exercicio. Logo fomos a unha sala onde nos estaban esperando. 
Alí presentámonos e pasamos un ratiño moi agradable compartindo canción e baile con eles. Sentímonos moi ben porque moitos deles se parecen aos nosos avós e avoas e a eles agradoulles a nosa visita.




Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

venres, 2 de xuño de 2017

"O REQUEIXO"

Antes de que pechase a biblioteca poidemos disfrutar dunha actividade organizada polo equipo de Unesco do noso centro.
A señora Esther veu ao cole e ensinounos a facer "Requeixo". 
Explicounos cal é o proceso, que solamente leva leite e un líquido que se extrae do Cardo para poder facer o callado. Unha vez feito probámolo con mel e estaba ben rico. 
Gracias por deixarnos participar neste proceso.




Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"LETRAS GALEGAS 2017"

Como ben sabedes este ano o escritor homenaxeado nas Letras Galegas é Carlos Casares. Nós estivemos falando moito del, da súa vida e obras e descubrimos moitas cousas:
- naceu en Ourense
- gustábanlle os trens
- foi mestre
- a súa muller chamábase Kristina
- escribiu varios libros para nenas e nenos: A galiña azul, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, Lolo anda en bicicleta e Toribio.
Pois todo isto o traballamos na biblioteca a partir de varias actividades que Piquín nos tiña preparadas


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

xoves, 1 de xuño de 2017

"CUMPLES DE MAIO"

No mes de maio estiveron de cumple: Dominick, Paula, Vicente, Michelle e Leo. 
Celebrámolo comendo ricoooo biscoito  e zumos que trouxeron para compartir cos compañeiros e compañeiras da clase. E nós preparamos para eles fermosos agasallos. 
Moitas Felicidadesssss!!!! Moitas Grazassss Dominick, Paula, Vicente, Michelle e Leo.


 

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

venres, 26 de maio de 2017

"VISITA AO CARLOS OROZA"

Saímos visitar o centro Carlos Oroza. Teñen unha horta moi chula e nos levaron de percorrido para coñecer diferentes productos dos que alí cultivan: patacas, chícharos, cenorias, amorodos, tomates...
Fixemos un colorido collage e antes de marchar puidemos ver as cociñas...Son enoooormes...


Carlos Oroza
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

xoves, 25 de maio de 2017

"CORRELÍNGUA 17"

O mércores 18 participamos no Correlíngua. Fixemos un estupendo percorrido polo casco vello da cidade e logo bailamos e cantamos na Ferrería. Disfrutamos moito da xornada aínda que non vimos o dragón... o que nos disgustou un pouquiño pero pronto se nos pasou.

Correlíngua 17
Nenas e nenos de Ed.Infantil 6ºB