PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

mércores, 14 de febreiro de 2018

"SOMOS PINTORES"

Celebramos o Entroido no cole e disfrazámonos de pintores. Pero antes de chegar o día tivemos que traballar moito, moito, moito...
Fixemos antefaces, cada un elexiu a cor que máis lle gustou. Picamos e adornamos con gomets.





Tamén fixemos os nosos disfraces, foi o que máis tempo nos levou: pintamos camisetas, fixemos os gorros, as nosas paletas de pintores e por supostos uns pinceis con xornais vellos.

Distrutamos moito traballando... pero aínda máis o día da Festa.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

"A NENA E O GRILO"

O día 6 de febreiro fomos ao teatro. O camiño era longo, pero xa somos quen de ir andando cos compañeiros e compañeiras. A obra titulábase: A nena e o grilo.
Gustounos moito!!! sobre todo cando a nena e o grilo subiron no barco.



Cando xa estabamos sentados apagaron as luces. Comezou a función e estivemos tan atentos que non se escoitaba nada máis que a música e aos artistas da obra. ¡¡¡Canto nos gustou ir ao teatro!!!


Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

venres, 2 de febreiro de 2018

"DÍA DA PAZ 2018"

O martes 30 de Xaneiro foi o Día Escolar da non Violencia e a Paz. Para prepararnos ao longo da semana estivemos traballando no noso mural. Fixemos pombas coas mans e representamos a palabra PAZ de diferentes maneiras: con gomets, enchémolas coas nosas fotos... Tamén cantamos e bailamos a canción PAZ, PAZ, PAZ.

Na mañán do martes 30 pintamos lenzos brancos con axuda dos maiores en homenaxe a Moldes, soltamos pombas e cantamos e bailamos no patio. Agora os lenzos colgan na fachada do colexio.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

sábado, 27 de xaneiro de 2018

"COGUMELOS 2ª PARTE"

Despois dunha longa espera chegou o día: os nosos COGUMELOS comezaron a saír!!!

Ao principio pensamos que as borras de café xa non servían, logo que estaban demasiado húmidas e finalmente logramos a nosa colleita, ben bonita e abundante. Puxémonos realmente content@s.
 E medraron, medraron, medraron e seguen medrando...
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

domingo, 21 de xaneiro de 2018

"CUMPLES DE XANEIRO"

Neste mes de Xaneiro cumpliron anos Rodrigo e Manuel. Son os maiores da clase e xa teñen 4 anos!!!
Para celebralo trouxeron ao cole zumos e unhas riquíiiisiimasss magdalenas. Nós fixemos para eles un lindo agasallo e pasámolo moi ben.
Moitas Felicidades!!!! e moitas Grazas Rodrigo e Manuel





Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB