PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

luns, 18 de xuño de 2018

E AS FABAS CRECERON...

Na anterior entrada estabamos plantando fabas, pero as fabas xa creceron e creceron, tanto que xa saen dos vasiños de iogur.

domingo, 10 de xuño de 2018

"PLANTAMOS FABAS"

A primavera chegou e nós decidimos que era tempo de plantar. Así que reciclamos uns vasos de iogur e no medio de algodóns puxemos unhas poucas de fabas. Botámoslle auga e agora soamente temos que esperar e ver o que pasa. 





Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

"LETRAS GALEGAS 18"

No mes de maio celebramos no cole AS LETRAS GALEGAS,  este ano adicado a Mª Victoria Moreno. Piquín invitounos a unha actividade moi especial,  tiña todo preparado na biblioteca para coñecer un pouco mellor á autora homenaxeada este ano.
Percorrimos diferentes recunchos en equipo xunto cos nenos e nenas da profe Carmen, tiñamos unha proba que resolver en cada recuncho. A verdade é que traballar en equipo dásenos bastante ben.









Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB