Sabemos que as castañas nacen nos castiñeiros, así que decidimos pintar os nosos. Cada equipo fixo o seu castiñeiro e agora todos adornan o corredor xunto cos pintados polos nenos e nenas da profe Carmen. Quedaron ben fermosos.
PONTEPEQUES
BLOG DE AULA
domingo, 18 de novembro de 2018
"PINTAMOS CASTIÑEIROS"
venres, 16 de novembro de 2018
"PLANTANDO CASTAÑAS"
Estamos no outono, tempo de castañas e tamén de plantar.
Acercábase o Magosto e pensamos en plantar algunhas castañas na clase. Así que, puxemos man á obra e preparamos unha maceta con terra. Puxemos unhas castañas, botámoslle auga e tapámolas con máis terra.
Agora toca esperar e co tempo veremos que pasa.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB
xoves, 15 de novembro de 2018
"CUMPLES DE NOVEMBRO 18"
Xa tod@s temos 4 anos!!!
Este mes estiveron de cumple Xabier e Kevin. Celebrámolo con eles na clase con rico biscoito e zumos. Menuda merendola
¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!! Xabi e Kevin e moitas grazas por compartilo con nós.
domingo, 11 de novembro de 2018
"SAMAÍN 18"
Un ano máis celebramos o Samaín no cole e como non podía ser menos tivemos contos de medo, corredores engalanados para a ocasión, cabazas decoradas e.... merendas terroríficas que compartimos coas nenas e nenos da profe Carmen.
Todo empezou coa elaboración na clase de cabazas en cartolina
Todo empezou coa elaboración na clase de cabazas en cartolina
O luns 29 fomos á biblioteca e alí a Bruxa Maruxa, unha amiga de Piquín, estaba esperándonos para contarnos un conto que daba algo de medo: A Bruxa Regañadentes.
E o 31, para rematar, ademais de percorrer o cole para descubrir todos os recunchos que daban medo, fixemos na clase unhas merendas que aínda que resultaban terroríficas estaban ben boas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)