PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

domingo, 18 de novembro de 2018

"PINTAMOS CASTIÑEIROS"

Sabemos que as castañas nacen nos castiñeiros, así que decidimos pintar os nosos. Cada equipo fixo o seu castiñeiro e agora todos adornan o corredor xunto cos pintados polos nenos e nenas da profe Carmen. Quedaron ben fermosos.




Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

venres, 16 de novembro de 2018

"PLANTANDO CASTAÑAS"

Estamos no outono, tempo de castañas e tamén de plantar. 
Acercábase o Magosto e pensamos en plantar algunhas castañas na clase. Así que, puxemos man á obra e preparamos unha maceta con terra. Puxemos unhas castañas, botámoslle auga e tapámolas con máis terra.
Agora toca esperar e co tempo veremos que pasa.




Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

xoves, 15 de novembro de 2018

"CUMPLES DE NOVEMBRO 18"

Xa tod@s temos 4 anos!!! 
Este mes estiveron de cumple Xabier e Kevin.  Celebrámolo con eles na clase con rico biscoito e zumos. Menuda merendola
¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!! Xabi e Kevin e moitas grazas por compartilo con nós.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB


domingo, 11 de novembro de 2018

"SAMAÍN 18"

Un ano máis celebramos o Samaín no cole e como non podía ser menos tivemos contos de medo, corredores engalanados para a ocasión, cabazas decoradas e.... merendas terroríficas que compartimos coas nenas e nenos da profe Carmen.
Todo empezou coa elaboración na clase de cabazas en cartolina


 Adornamos o corredor con elas e completamos a exposición coas que trouxemos adornadas de casa.
O luns 29 fomos á biblioteca e alí a Bruxa Maruxa, unha amiga de Piquín, estaba esperándonos para contarnos un conto que daba algo de medo: A Bruxa Regañadentes.

E o 31, para rematar, ademais de percorrer o cole para descubrir todos os recunchos que daban medo, fixemos na clase unhas merendas que aínda que resultaban terroríficas estaban ben boas.


Samaín 18
Nenas e nenos de Ed.Infantil 5ºB