PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

domingo, 10 de novembro de 2019

"ANXO MOURE E SERVANDO BARREIRO"

Esta semana poidemos disfrutar da visita de Anxo Moure (Carballo con Botas) e Servando Barreiro para contar e cantar con nós na biblioteca do cole.
Contaron e cantaron historias de fadas, de trasnos, da Apalpadora, da Xacia Luviñas... e moitos máis seres fantásticos cos que nos enfeitizaron.
Desfrutamos moito escoitándoos e formando parte das súas historias.
¡¡Moitas grazas Anxo e Servando!! por compartir con nós e achegarnos un pouquiño máis ao fermoso "Mundo da Fantasía".





Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

mércores, 30 de outubro de 2019

"SAMAÍN 2019"





Xa chegou o Samín, e como todos os anos, no cole tamén o celebramos:
- Empezamos por adornar a nosa porta, quedou ben terrorífica... 
- Logo fixemos o conxuro para o coidado da natureza
- Trouxemos cabazas para a nosa exposición 



- Pintamos un fantástico mural que enchemos con morcegos colaborando cos nenos e nenas da profe Carmen.
Pero, aínda quedaba máis... chegou o gran día e fixemos a Busca do Tesouro organizada polo Equipo de Dinamización da Língua Galega e percorremos o cole buscando os recunchos que máis susto daban. 
Pasámolo de ¡¡¡MEDO!!!

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 20 de outubro de 2019

"NO PLANETARIO"

No cole foi instalado un Planetario e nós tivemos a oportunidade de velo e entrar para disfrutar dunha "viaxe espacial". Poidemos ver as estrelas, planetas, o sol a lúa e a terra desde o espacio.
Gustounos moito a experiencia e aprendimos novas cousas sobre o noso sistema solar.

planetario
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

xoves, 17 de outubro de 2019

"CUMPLES DE OUTUBRO"

E seguimos cumprindo 5 anos. Desta volta son Iraila e Xoel os que estiveron de festa e decidiron compartilo con nós. Comemos un riquísimo biscoito acompañado de zume. 
Agasallamos a Xoel e Iraila con fermosos cadros feitos entre todas e todos, disfrutamos moito facendo os debuxos e a montaxe.
¡¡¡FELICIDADES XOEL E IRAILA!!! e moitas grazas por compartir con nós un día tan especial.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 29 de setembro de 2019

"CAMBIO CLIMÁTICO"

O venres 27 tiñamos programada unha saída coas nenas e nenos da profe Carmen para participar na concentración organizada polo cambio climático. 
Fixemos unhas pancartas para levar coas mensaxes que eran importantes para nós. Nelas explicamos o que pensamos que se debe facer para non sufrir as consecuencias dese cambio climático. 
Pero ao chegar o día estivo chovendo tooooooda a mañán, así que, como non poidemos saír do cole decidimos facer un percorrido por dentro. Levamos as nosas mensaxes polos corredores e contámosllas aos nenos e nenas doutras clases.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"PRIMEIRO CUMPLE DESTE OUTONO"

Thiago xa ten 5 anos!!!. É o primeiro cumple deste outono da nosa clase. 
Celebrámolo todos xuntos comendo rico biscoito e bebendo zumo. 
Nós tiñamos para el un agasallo,  fixémolo con moito cariño e dando o mellor de cadaquén. 
¡¡¡FELICIDADES THIAGO!!!, e grazas por compartir este día con nós.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB 

"PRIMEIROS DÍAS"

Levamos xa algúns días de clase e neste tempo falamos, xogamos, bailamos e tamén aproveitamos para reconectar entre nós e cos nenos e nenas da profe Carmen facendo unha tea de araña


Tamén tivemos a sorte de coñecer a irmá de Elba. Quixo traela a clase e presentárnola. Chámase Cíes, estivo moi tranquiliña no colo de Laura, a súa mamá. Elba explicounos como axudaba no seu coidado, o que comía e o que precisaba. Gracias Elba e Laura por deixarnos disfrutar ese ratiño de Cíes.


E por suposto, tamén fixemos algún que outro traballiño para alegrar a nosa clase e a nova foto de grupo, que xa estamos en 6º de infantil.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB