PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

domingo, 12 de febreiro de 2017

"XOGUETOLOXÍA"

Esta semana viñeron facer no cole un obradoiro de xoguetes. Eran dúas rapazas que nos falaron de todas as cousas que se poden facer con materiais de refugallo: xornais vellos, rolos de papel, cáscaras de noz...
Despois de explicarnos a cantidade de xoguetes que podíamos construir coas nosas mans fixemos unhas tartarugas de carreiras chulísimas e pasámolo xenial.

Xoguetoloxía 17
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"MALETAS VIAXEIRAS"

Desta volta a Maleta Viaxeira foi e veu das casas de Martina, Manuel e Cris. Tod@s eles trouxeron a maleta ben cheíña e con moitas ganas de compartir cos compañeir@s. Mirade ben cantas cousas nos amosaron.






     



 
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"PRIMEIROS CUMPLES DO 2017"

Esta semana celebramos cumple. Mauro e Carmen xa teñen 6 anos!!!. Trouxeron rico biscoito e zumos para facer unha estupenda merendola. Preparamos un lindo agasallo para cada un e pasamos xuntos un fermoso ratiño de festa. Moitas Felicidadessssssss!!! Grazassssss Carmen e Mauro!!!!



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

sábado, 4 de febreiro de 2017

"MÁIS MALETAS VIAXEIRAS"

E si, seguen de novo, á Maleta Viaxeira gústalle entrar e saír de clase sen parar. Esta semana foron Aroa e Loaira as que trouxeron a maleta chea de cousiñas para compartir. 




Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

luns, 30 de xaneiro de 2017

"DÍA DA PAZ"

Hoxe celebramos o Día da Paz no cole. Cantamos e bailamos a canción: Un mismo Sol, intercambiamos marcadores cos nenos e nenas de 3º de Primaria e vimos como soltaban as pombas mensaxeiras.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB