PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

domingo, 3 de decembro de 2017

"ESTAMPAMOS FOLLIÑAS"

Gústanos moito pintar e desta volta toca probar coas folliñas que caeron. Despois de pintalas tamén as estampamos no papel. Quedan moi chulas.





Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

xoves, 23 de novembro de 2017

"PLANTANDO CASTAÑAS E LANDRAS"

Estamos no outono... caen as folliñas... época de castañas e landras...
Decidimos plantar algunhas delas, esperaremos con moita ilusión a que os nosos carballos e castiñeiros medren e logo levarémolos a algún lugar para replantar.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

mércores, 22 de novembro de 2017

"EXPOSICIÓN FOTOGRAFÍAS"


 

Fomos visitar unha exposición de fotos. Como o día non estaba moi claro fomos en autobús. 
¡¡¡Canto nos gustou!!!
Había moitas fotos de animais e fixemos xogos de pistas para adiviñar de cal estabamos falando. 
Antes de rematar a visita fixemos unhas arañas que levamos con nós para casa.






 

Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

luns, 20 de novembro de 2017

"CUMPLES EN NOVEMBRO"

No mes de novembro estiveron de cumple Xabi e Kevin. Fixemos para eles un lindo agasallo e eles nos invitaron a merendar rico biscoito e zumos. Pasámolo moi ben.
¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!! e moitas Grazas Xabi e Kevin.




Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB