PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

mércores, 18 de abril de 2018

"FACENDO TEATRILLO"

Na clase apareceu un teatrillo e us monicreques mois chulos, non sabemos como chegaron alí... Sería Piquín??? É posible...
O que si sabemos é que nos gusta moito contar e que nos conten, xogar cos monicreques e crear as nosas historias. Invitamos aos nenos e nenas da profe Carmen e xuntos disfrutamos das historias que inventamos.




Nenas  e nenos de Ed. Infantil 4ºB

venres, 30 de marzo de 2018

"PORTADAS 2º TRIMESTRE"

O 2º Trimestre xa rematou e antes das vacacións preparamos os nosos traballos e fixemos as nosas portadas xa coa primavera dentro da aula
                               
Unha vez rematadas as portadas tivemos que deixalas secar. Cos nosos traballos xa ordeados botámoslle unha ollada antes de gardalos na carpeta.









E así rematamos e marchamos de vacacións.
Ata a volta!!!
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

venres, 16 de marzo de 2018

"AS NOSAS MULLERES"

Nestes días traballamos moito neste fermoso libro: "As nosas mulleres". Foi feito para presentar no Salón do Libro co resto de traballos do cole. Este ano o tema é Mulleres de Conto.
Esperamos que vos guste.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

domingo, 25 de febreiro de 2018

"VERBATECA"

Fomos á biblioteca onde nos estaban esperando as piratas Mala Pata e Peta. Con elas xogamos e buscamos Palabras Tesouro para encher os nosos cofres. Gustounos moito e disfrutamos coa busca.




Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

mércores, 14 de febreiro de 2018

"SOMOS PINTORES"

Celebramos o Entroido no cole e disfrazámonos de pintores. Pero antes de chegar o día tivemos que traballar moito, moito, moito...
Fixemos antefaces, cada un elexiu a cor que máis lle gustou. Picamos e adornamos con gomets.





Tamén fixemos os nosos disfraces, foi o que máis tempo nos levou: pintamos camisetas, fixemos os gorros, as nosas paletas de pintores e por supostos uns pinceis con xornais vellos.

Distrutamos moito traballando... pero aínda máis o día da Festa.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB