ESTE MES DE MARZO TIVEMOS 3 COMPIS DE CUMPLE: PABLO, ELENA E IVÁN. CELEBRÁMOLO CON ELES COMENDO RIIIIICO BISCOITO!!!!
FELICIDADES!!!!!!
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB
PONTEPEQUES
domingo, 30 de marzo de 2014
"PLANTANDO ÁRBORES"
SABEMOS QUE O DÍA DA ÁRBORE XA PASOU, PERO CHOVEU TANTO ESA MAÑÁN QUE NON PUIDEMOS SAÍR PLANTAR AS NOSAS ÁRBORES NO PATIO.
POR FIN O XOVES SAÍMOS E PLANTAMOS CO RESTO DE INFANTIL DOUS LIQUIDAMBAR.
domingo, 23 de marzo de 2014
"BAILANDO POR MEDO"
ESTAMOS TRABALLANDO SOBRE AS DIFERENTES FORMAS XEOMÉTRICAS E ONDE PODEMOS ATOPALAS. DECIDIMOS FACER UNHA REPRESENTACIÓN COLORIDA E XIGANTE DESTE CADRO:
"BAILANDO POR MEDO" DE PAUL KLEE.
TRABALLAMOS COS NENOS E NENAS DA CLASE DA PROFE CARMEN, FIXEMOS EQUIPOS CON ELES E O RESULTADO FOI UN FERMOSO TRABALLO NO CORREDOR.
COMEZAMOS POR DISTRIBUIRNOS POR EQUIPOS DAS DÚAS AULAS, CADA EQUIPO DECIDIU A FORMA A TRABALLAR E COMO. MARCAMOS, RECORTAMOS, PEGAMOS, PINTAMOS...
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB
venres, 21 de marzo de 2014
"TRABALLANDO EN EQUIPO "
LEVAMOS TEMPO TRABALLANDO EN EQUIPO E ISTO QUERE DECIR QUE ANTE TODO TEMOS QUE CHEGAR A ACORDOS E PARTICIPAR TODAS E TODOS NO PROCESO E TODAS E TODOS SOMOS RESPONSABLES DO RESULTADO.
E ASÍ FOI COMO FIXEMOS O DEBUXO DO QUE MÁIS NOS GUSTOU DA VISITA AO SALÓN.
EN PRIMEIRO LUGAR DEBATIMOS SOBRE O QUE PRETENDÍAMOS DEBUXAR
NALGÚNS EQUIPOS VOTAMOS, NOUTROS SORTEAMOS E TODOS E TODAS NOS ORGANIZAMOS
UNHA VEZ DECIDIDA A ESTRATEXIA A SEGUIR COMEZAMOS O TRABALLO NO PAPEL
LEVOUNOS O SEU TEMPO, A UNS EQUIPOS MÁIS E A OUTROS MENOS, DEPENDENDO DO GRADO DE ACORDO E DA TOMA DE DECISIÓNS.
DESPOIS DUN LONGO TRABALLO FINALMENTE AQUÍ TENDES O FERMOSO RESULTADO
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB
Etiquetas:
SALÓN DO LIBRO,
TRABALLO EN EQUIPO
"VISITA AO SALÓN DO LIBRO"
O LUNS 17 VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO. ATOPAMOS A ORBIL ESPERÁNDONOS E PUXÉMONOS MOI CONTENTOS AO VELO.
DESPOIS DUNHA ESTUPENDA SESIÓN DE CONTACONTOS VISITAMOS OS ESPAZOS E POIDEMOS VER ONDE ESTABA O NOSO CONTO: AS PATACAS TESOURO.
GUSTOUNOS MOITO!!!!!!!
SALÓNLIBRO 14
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB
martes, 18 de marzo de 2014
"PLANTANDO PATACAS"
É TEMPO DE PLANTAR E COMO ESTAMOS TRABALLANDO SOBRE "A PATACA" POIS DECIDIMOS QUE TOCABA PLANTALA.
PERO PRIMEIRO TEMOS QUE SABER O QUE PRECISAMOS, ASÍ QUE FIXEMOS A LISTA:
- SEMENTE (ANACOS DE PATACA CON OLLOS)
- TERRA
- AUGA
- SOL
- COIDADOS
- PALA
- MACETA
martes, 4 de marzo de 2014
"ESTAMOS DE ENTROIDO"
ESTE ANO O ENTROIDO NO COLE ESTÁ RELACIONADO COS CONTOS, A COCIÑA E OS ALIMENTOS DE ORIXE VEXETAL, ASÍ QUE NÓS FOMOS DE:
COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS DE PATACAS
PERO ANTES DA FESTA HABÍA QUE PREPARARSE E PARA ISO TIÑAMOS QUE FACER OS DISFRACES E AMBIENTAR OS CORREDORES.
ASÍ QUE FIXEMOS CARETAS, CADAQUÉN INVENTOU A SÚA E ELABOROUNA A PARTIR DUNHA PLANTILLA OVALADA.
LOGO FIXEMOS OS NOSOS GORROS E MANDÍS, HOUBO QUE MEDIR, CORTAR E ADORNAR E TAMÉN COA AXUDA DAS NOSAS FAMILIAS FIXEMOS UNS UTEIS DE COCIÑA REALMENTE PRECIOSOS.
DECIDIMOS LEVAR BANDEXAS, UNHA PANCARTA E A POTA DAS PATACAS E USANDO CARTÓNS E PINTURAS PUXÉMONOS MANS A OBRA. CADA NENO E NENA BUSCOU UNHA PARELLA DA CLASE DE 6ºA DE INFANTIL E ASÍ COMPARTIMOS O TRABALLO.
E... POR FIN CHEGOU O DÍA DA FESTA, LOGO DUNHA RICA CHOCOLATADA CON CHURROS, VESTÍMONOS E SAÍMOS DESFILAR CO RESTO DO COLE.
FOI UN GRAN DÍA E ASÍ O DISFRUTAMOS.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB
luns, 3 de marzo de 2014
"DÍA DE ROSALÍA"
O 24 DE FEBREIRO FIXEMOS NO COLE UNHA PEQUENA HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO. NESA DATA CELÉBRASE O ANIVERSARIO DO NACEMENTO DA POETISA.
AO LONGO DA MAÑÁN ESCOITAMOS POEMAS DESTA ESCRITORA LIDOS POR MEGAFONÍA POLOS NENOS E NENAS DE 6º DE PRIMARIA.
NÓS TAMÉN QUERIAMOS FACER A NOSA PEQUENA APORTACIÓN E FOMOS CANTAR XUNTO COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE NIVEL DA PROFE CARMEN UN CACHIÑO DA CANCIÓN: "ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES".
FOMOS EN EQUIPOS E CANTAMOS AOS NENOS DE 3 E 4 ANOS. FIXÉMOLO MOI BEN PORQUE NOS APLAUDIRON MOITO.
FOMOS EN EQUIPOS E CANTAMOS AOS NENOS DE 3 E 4 ANOS. FIXÉMOLO MOI BEN PORQUE NOS APLAUDIRON MOITO.
NESE DÍA FALAMOS MOITO DE ROSALÍA, DA SÚA CASA EN PADRÓN E FIXEMOS UNHAS CARICATURAS PARTINDO DA SÚA FOTO.
"AS PATACAS TESOURO"
PRONTO, UN ANO MÁIS, ABRIRÁ AS SÚAS PORTAS O SALÓN DO LIBRO. ESTE ANO LEVA POR TÍTULO "COCIÑANDO CONTOS" E NÓS DECIDIMOS COCIÑAR UN CONTO DE:
PATACAS.
COMO SABEDES ESTAMOS TRABALLANDO ARREDOR DESTE ALIMENTO VEXETAL E COS DATOS QUE TIÑAMOS E A INFORMACIÓN QUE AXUDASTES A RECOMPILAR ELABORAMOS O NOSO CONTO COS NENOS E NENAS DA CLASE DA PROFE CARMEN.
PRIMEIRO INVENTAMOS E ESCRIBIMOS O TEXTO. REPARTÍMONOS NAS DÚAS CLASES POR EQUIPOS E TRABALLAMOS XUNTOS.
PRIMEIRO INVENTAMOS E ESCRIBIMOS O TEXTO. REPARTÍMONOS NAS DÚAS CLASES POR EQUIPOS E TRABALLAMOS XUNTOS.
E AQUÍ PODEDES LELO, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE
ADEMAIS NO SALÓN DO LIBRO ATOPAREDES OS CONTOS DOS NENOS E NENAS DE 3 E 4 ANOS.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)