PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

martes, 4 de marzo de 2014

"ESTAMOS DE ENTROIDO"

ESTE ANO O ENTROIDO NO COLE ESTÁ RELACIONADO COS CONTOS, A COCIÑA E OS ALIMENTOS DE ORIXE VEXETAL, ASÍ QUE NÓS FOMOS DE:
COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS DE PATACAS
PERO ANTES DA FESTA HABÍA QUE PREPARARSE E PARA ISO TIÑAMOS QUE FACER OS DISFRACES E AMBIENTAR OS CORREDORES.
ASÍ QUE FIXEMOS CARETAS, CADAQUÉN INVENTOU A SÚA E ELABOROUNA A PARTIR DUNHA PLANTILLA OVALADA.
LOGO FIXEMOS OS NOSOS GORROS E MANDÍS, HOUBO QUE MEDIR, CORTAR E ADORNAR E TAMÉN COA AXUDA DAS NOSAS FAMILIAS FIXEMOS UNS UTEIS DE COCIÑA REALMENTE PRECIOSOS.
DECIDIMOS LEVAR BANDEXAS, UNHA PANCARTA E A POTA DAS PATACAS E USANDO CARTÓNS E PINTURAS PUXÉMONOS MANS A OBRA. CADA NENO E NENA BUSCOU UNHA PARELLA DA CLASE DE 6ºA DE INFANTIL E ASÍ COMPARTIMOS O TRABALLO.
E... POR FIN CHEGOU O DÍA DA FESTA, LOGO DUNHA RICA CHOCOLATADA CON CHURROS, VESTÍMONOS E SAÍMOS DESFILAR CO RESTO DO COLE.
FOI UN GRAN DÍA E ASÍ O DISFRUTAMOS.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario