PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

luns, 5 de maio de 2014

"ABRIL, MES DO LIBRO"

O MES DE ABRIL TIVEMOS UNHA ACTIVIDADE CONSTANTE NO COLE. FOI O MES DO LIBRO E FIXEMOS MOITAS ACTIVIDADES RELACIONADAS COS CONTOS, AS BIBLIOTECAS E OS LIBROS EN XERAL.
- FOMOS Á BIBLIOTECA PÚBLICA.
- PREPARAMOS UN CONTACONTOS PARA OS MAIORES UTILIZANDO O TEATRILLO E O KAMISHIBAI.
- ASISTIMOS A UNHA SESIÓN DE CONTOS ILUSTRADOS.
- TIVEMOS UNHA SESIÓN DE CONTOS EN LÍNGUA DE SIGNOS.
XA VIMOS AS FOTOS DA VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA E POR FIN O RESUMO VISUAL DO RESTO DAS ACTIVIDADES. AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN.
EMPEZAMOS POLOS CONTOS ILUSTRADOS, UNHA ACTIVIDADE DO CONCELLO NA QUE "MAU" E "PIN" CONTARON, DEBUXARON E AO REMATAR ASIGNARON O NOSO EXEMPLAR DE "MARIQUIÑA, A CARTEIRA ANDORIÑA" QUE TEMOS NA BIBLIOTECA DO COLE:

CONTOS ILUSTRADOS
E A CONTINUACIÓN AQUÍ ESTAMOS NÓS COMO CONTADORES. PREPARÁMONOS TODO O MES PARA CONTARLLES AOS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA "O RAPOSO E O OURIZO". GUSTOULLES MOITO E NÓS, ENCANTADOS DE UTILIZAR O TEATRILLO E SER PROTAGONISTAS DESTA VOLTA.

SOMOS CONTADORES
E PARA REMATAR UN PRECIOSO CONTO EN LÍNGUA DE SIGNOS QUE NOS DEIXOU A TODOS E TODAS ENCANTADOS COA SESIÓN.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario