PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

martes, 17 de xuño de 2014

"ROTEIRO POR PONTEVEDRA"

ESTA FOI A DERRADEIRA SAÍDA DESTE CURSO E PRONTO SEREMOS NENOS E NENAS DE ED. PRIMARIA. PERO AÍNDA TEREMOS QUE ESPERAR A SETEMBRO.
DE MOMENTO ÍMONOS FACENDO MAIORES, E PARA REMATAR O ANO FIXEMOS UN ROTEIRO POLAS RÚAS E PRAZAS DE PONTEVEDRA. 
O NOSO GUÍA CHAMÁBASE ROBERTO E CONTOUNOS INTERESANTES HISTORIAS SOBRE A NOSA CIDADE. FALOUNOS DO PORQUÉ DA FONTE DA ESTRELA, A CASA DAS CARAS, DA RÚA DO PEIXE FRITIDO, COMO COLLÍAN ANTIGAMENTE AUGA NA FONTE DOS TORNOS...

ROTEIRO
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA"

ESTE LUNS FOMOS VISITAR A EXPOSICIÓN DE TRABALLOS NA BIBLIOTECA DO COLE. POIDEMOS VER O NOSO CONTO DAS PATACAS TESOURO E MOITOS OUTROS FEITOS POR TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL E PRIMARIA. HAI MOITOS TRABALLOS FERMOSOS SOBRE: O TOMATE, AS FROITAS, A PATACA, O MILLO, O TRIGO, AS MAZÁS, AS PERAS E MOITOS MÁIS.
CON ESTA EXPOSICIÓN A BIBLIOTECA PECHA AS SÚAS PORTAS PERO PODEMOS VER MÁIS FOTOS NO BIBLIOPIQUÍN.






Nenas e nenos de Ed. infantil 6ºB

domingo, 15 de xuño de 2014

"VISITA DE PAULA"





O XOVES TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL. ESTIVO CON NÓS PAULA, ACOMPAÑADA DE BETY E GLORIA. NESTA OCASIÓN A NOSA ANFITRIONA FOI ADRIANA E FIXO AS PRESENTACIÓNS.
PEROOOOOO... HABÍA OUTRO ACOMPAÑANTE QUE AÍNDA QUE UN POUCO NERVIOSO FOI O QUE MÁIS INTERESE ESPERTOU: UN CANCIÑO PRECIOSO.


PAULA, BETY E GLORIA VIÑERON FALARNOS DE PALLEIROS, UNHA PROTECTORA DE ANIMAIS. 
FALARON DO GRAN TRABALLO QUE FAN ALÍ COS ANIMAIS E DAS SÚAS NECESIDADES. PORQUE COMO BEN NOS EXPLICARON SON SERES VIVOS, NECESITAN COIDADOS RELACIONADOS CON: ALIMENTACIÓN, LIMPEZA, SAÚDE ... PERO TAMÉN MOOOOOOITO CARIÑOOOO!!!!!. TODO ISO PUIDEMOS COMPROBALO NOS VÍDEOS QUE NOS TRAÍAN PREPARADOS.


TAMÉN NOS DIXERON QUE SI QUEREMOS, PODEMOS IR COA NOSA FAMILIA FACERLLES UNHA VISITA E ACOMPAÑAR AOS CANS SACÁNDOOS DE PASEO. 

E... O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI DARLLE O ¡¡¡BIBERÓN!!! AO CACHORRILLO QUE TRAÍAN CON ELAS. 

MOITOS QUIXEMOS AXUDAR, E MOITOS FALAMOS DO QUE NOS GUSTARÍA TER UN CANCIÑO NA NOSA CASA. PERO COMO BEN COMENTARON ELAS, TEMOS QUE ESTAR BEN SEGUROS DE QUE SOMOS CAPACES DE COIDALOS E HAI QUE ATENDELOS TODOSSSSSSSSSSS OS DÍAS, DARLLES DE COMER, SACALOS DE PASEO, BAÑALOS, LEVALOS AO VETERINARIO... 




PERO A CAMBIO, ELES TAMÉN NOS FAN COMPAÑÍA, DAN O SEU CARIÑO  E EN MOITAS OCASIÓNS COIDAN DE NÓS.
MOOOOOOITAS GRAZASSSSSSS!!!!!!! 
GRAZAS PAULA, BETY E GLORIA POR VIR PASAR ESTE RATIÑO CON NÓS.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"CELEBRAMOS CUMPLE"

O XOVES 12 CELEBRAMOS O ÚLTIMO CUMPLE DO CURSO. CUMPLEN ANOS EN XUÑO E NO VERÁN: LUCA, TROY, JORGE, DANI P. E DIEGO. CELEBRÁMOLO AO GRANDE XA QUE CON ESTE ANIVERSARIO REMATAMOS O CURSO. 
FELICIDADESSSSS!!!!!!

FELICIDADESSSS!!!!
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

luns, 9 de xuño de 2014

"XOGANDO CO TROMPO"

HOXE VEU AO COLE O CAMPEÓN MUNDIAL DE TROMPOS CARLOS SOLÍS. FIXO UNHA DEMOSTRACIÓN DAS SÚAS HABILIDADES COS TROMPOS. ALGÚNS DE NÓS FOMOS INVITADOS A PARTICIPAR, TODOS ERAMOS DEMASIADOS.
GUSTOUNOS MOITO E AGORA TAN SÓ NOS QUEDA PRACTICAR.

EXHIBICIÓN DE TROMPOS
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

mércores, 4 de xuño de 2014

"FOMOS DE EXCURSIÓN"

FOMOS DE EXCURSIÓN AO CAMPING FIEITÁS, ESTÁ NO GROVE, E COMO ERA UN POUCO LONXE FOMOS EN AUTOBÚS.
XOGAMOS NA PRAIA E FIXEMOS CABANAS NO MONTE, PASÁMOLO TAN BEN QUE ALGÚNS ESTABAMOS DISPOSTOS A QUEDARNOS A DORMIR ALÍ. 
COMIMOS TODOS XUNTOS E ISO FÍXONOS MOITA ILUSIÓN.

EXCURSIÓN FIEITÁS
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

luns, 2 de xuño de 2014

"CONTACONTOS NA BIBLIO"

HOXE OS NENOS E NENAS DE 4º DE ATENCIÓN EDUCATIVA CONTÁRONNOS UN FERMOSO CONTO NA BIBLIOTECA: "LA OVEJITA QUE VINO A CENAR"
GUSTOUNOS MOITÍIIIIIIIISIMO E PRONTO PODEREMOS VER OS VÍDEOS NO BIBLIOPIQUÍN.
 






Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB