PEROOOOOO... HABÍA OUTRO ACOMPAÑANTE QUE AÍNDA QUE UN POUCO NERVIOSO FOI O QUE MÁIS INTERESE ESPERTOU: UN CANCIÑO PRECIOSO.
PAULA, BETY E GLORIA VIÑERON FALARNOS DE PALLEIROS, UNHA PROTECTORA DE ANIMAIS.
FALARON DO GRAN TRABALLO QUE FAN ALÍ COS ANIMAIS E DAS SÚAS NECESIDADES. PORQUE COMO BEN NOS EXPLICARON SON SERES VIVOS, NECESITAN COIDADOS RELACIONADOS CON: ALIMENTACIÓN, LIMPEZA, SAÚDE ... PERO TAMÉN MOOOOOOITO CARIÑOOOO!!!!!. TODO ISO PUIDEMOS COMPROBALO NOS VÍDEOS QUE NOS TRAÍAN PREPARADOS.
MOITOS QUIXEMOS AXUDAR, E MOITOS FALAMOS DO QUE NOS GUSTARÍA TER UN CANCIÑO NA NOSA CASA. PERO COMO BEN COMENTARON ELAS, TEMOS QUE ESTAR BEN SEGUROS DE QUE SOMOS CAPACES DE COIDALOS E HAI QUE ATENDELOS TODOSSSSSSSSSSS OS DÍAS, DARLLES DE COMER, SACALOS DE PASEO, BAÑALOS, LEVALOS AO VETERINARIO...
PERO A CAMBIO, ELES TAMÉN NOS FAN COMPAÑÍA, DAN O SEU CARIÑO E EN MOITAS OCASIÓNS COIDAN DE NÓS.
MOOOOOOITAS GRAZASSSSSSS!!!!!!!
GRAZAS PAULA, BETY E GLORIA POR VIR PASAR ESTE RATIÑO CON NÓS.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario