PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

martes, 30 de decembro de 2014

"E CHEGOU O NADAL..."

CHEGOU O NADAL, VEÑEN AS VACACIÓNS... E NÓS APURAMOS OS ÚLTIMOS INTRES NO COLE ADORNANDO A CLASE, PREPARANDO OS TRABALLOS E TAMÉN NO XIMNASIO... E ALÍ COA PROFE MARINA:
EMPAQUETÁMONOS!!!
CON PAPEIS DE XORNAIS E AXUDA DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS CONVERTÍMONOS EN PAQUETES DE REGALO. PASÁMOLO XENIAL!!!





AS NOSAS PORTADAS QUEDARON BEN CHULAS, PINTAMOS CON AMARELO, AZUL E VERMELLO E O RESULTADO FOI O SEGUINTE:


PORTADAS DE NADAL
E PARA REMATAR A SEMANA, MENUDA SORPRESA, 
APARECEU PAPA NOEL POLA CLASE!!!!. 
ALGÚNS LEVAMOS UN BO SUSTO E OUTROS ANIMÁMONOS E DÉMOSLLE UN FORTE ABRAZO. CANDO MARCHOU E COMO FINAL ANTES DE IRNOS DE VACACIÓNS, TIVEMOS NO COLE UN TEATRO DE SOMBRAS: "O VENDEDOR DE PAXAROS"






ESPERAMOS QUE DISFRUTARADES DAS IMAXES DESTES ÚLTIMOS DÍAS IGUAL QUE O FIXEMOS NÓS. BOAS FESTAS A TODOS E ATA A VOLTA. NON ESQUEZADES QUE O DÍA 8 DE XANEIRO VOLTAMOS A EMPEZAR.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

"CELEBRAMOS CUMPLE"



NESTE MES DE DECEMBRO ANDREA CUMPLIU 3 ANOS, E COMO CHEGABAN AS VACACIÓNS CELEBRÁMOLO CON ELA ANTES DE REMATAR O COLE. 
ENTRE TODOS OS NENOS E NENAS DE CLASE AXUDÁMOSLLE A DECORAR A SÚA COROA E TAMÉN LLE FIXEMOS UN LINDO AGASALLO. ANDREA INVITOUNOS A MERENDAR UN RIIIICO BISCOITO E ZUMOSSSS.
MOOOOOITAS FELICIDADESSSSS!!!!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS MÁIS FOTOS DA XORNADA

FELICIDADESSSSS
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

sábado, 13 de decembro de 2014

"AS NOSAS PORTADAS"

XA CHEGAN AS VACACIÓNS E PREPARAMOS OS NOSOS TRABALLOS. FIXEMOS UNHAS FERMOSAS PORTADAS ESTAMPANDO ESTRELAS, NUBES E LÚAS. DISFRUTAMOS MOITO CON ESTA ACTIVIDADE E ASÍ FORON ESOS MOMENTOS.   
                             





Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

"TAMÉN FIXEMOS FAROLILLOS"


XA REMATAMOS A NOSA ÁRBORE DE NADAL, GÚSTAVOS???, 
A NÓS MOITOOOO!!! 
PERO TIVEMOS QUE TRABALLAR AO LONGO DE VARIOS DÍAS COS NENOS E NENAS DA PROFE CARMEN PARA CONSEGUILO.
AO MESMO TEMPO FOMOS FACENDO FAROLILLOS:
"""UN TRABALLO DE EQUIPO""".
ASÍ IMOS APRENDENDO A COMPARTIR, ESPERAR TURNO, DISFRUTAR DOS TRABALLOS FEITOS COA COLABORACIÓN DE TODOS...
E AQUÍ TEMOS ALGUNHAS FOTOS MÁIS DE TODO O PROCESO


CHEGA O NADAL
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

luns, 1 de decembro de 2014

"ÁRBORE DE NADAL"

HOXE APARECEU UNHA RAMA DE ÁRBORE NA CLASE. NON SABIAMOS MOI BEN QUE FACÍA ALÍ NIN TAMPOUCO COMO CHEGARA. ASÍ QUE EMPEZAMOS A FACERNOS PREGUNTAS:
SERÁ UN CASTIÑEIRO??? XA CRECERÍA UN DOS CASTIÑEIROS QUE PLANTAMOS???
SERÁ UNHA ÁRBORE DE NADAL???
CRECERANLLE CASTAÑAS???
COMO CHEGOU ALÍ???
FOMOS PREGUNTARLLE Á PROFE CARMEN E AOS SEUS NENOS E NENAS POR SI SABÍAN ALGO MÁIS, PERO TAMPOUCO TIÑAN MÁIS DATOS.

DEBATIMOS UN BO ANACO SOBRE POR QUÉ NON SE TIÑA SOLO, SI CRECERÍA MÁIS SIN TERRA NIN AUGA... ATA QUE FINALMENTE DESCUBRIMOS QUE NON TIÑA RAÍCES, QUE NON ERA UN CASTIÑEIRO E ADEMÁIS O TROUXERA A PROFE MARINA. É UNHA PÓLA QUE SE ROMPEU E XA NON SERVE PARA PLANTAR, PERO SI QUE SERVE PARA ADORNAR,  E ASÍ FOI COMO TIVEMOS A IDEA DE CONVERTILO NA NOSA ÁRBORE DE NADAL.
UNHA VEZ DECIDIDO O QUE FACER, BUSCAMOS ÁRBORES DE NADAL E FALAMOS DO TIPO DE ADORNOS QUE LLE PODERIAMOS COLOCAR.
FINALMENTE QUEDAMOS EN CREAR OS NOSOS PROPIOS ADORNOS: CADENETAS DE PAPEL CON XORNAIS VELLOS. PUXEMOS MANS Á OBRA E EMPEZAMOS O TRABALLO.



AO LONGO DESTES DÍAS IREMOS DANDO CONTA DE COMO VAN QUEDANDO E DO RESULTADO FINAL.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB