HOXE APARECEU UNHA RAMA DE ÁRBORE NA CLASE. NON SABIAMOS MOI BEN QUE FACÍA ALÍ NIN TAMPOUCO COMO CHEGARA. ASÍ QUE EMPEZAMOS A FACERNOS PREGUNTAS:
SERÁ UNHA ÁRBORE DE NADAL???
CRECERANLLE CASTAÑAS???
COMO CHEGOU ALÍ???
FOMOS PREGUNTARLLE Á PROFE CARMEN E AOS SEUS NENOS E NENAS POR SI SABÍAN ALGO MÁIS, PERO TAMPOUCO TIÑAN MÁIS DATOS.
DEBATIMOS UN BO ANACO SOBRE POR QUÉ NON SE TIÑA SOLO, SI CRECERÍA MÁIS SIN TERRA NIN AUGA... ATA QUE FINALMENTE DESCUBRIMOS QUE NON TIÑA RAÍCES, QUE NON ERA UN CASTIÑEIRO E ADEMÁIS O TROUXERA A PROFE MARINA. É UNHA PÓLA QUE SE ROMPEU E XA NON SERVE PARA PLANTAR, PERO SI QUE SERVE PARA ADORNAR, E ASÍ FOI COMO TIVEMOS A IDEA DE CONVERTILO NA NOSA ÁRBORE DE NADAL.
UNHA VEZ DECIDIDO O QUE FACER, BUSCAMOS ÁRBORES DE NADAL E FALAMOS DO TIPO DE ADORNOS QUE LLE PODERIAMOS COLOCAR.
FINALMENTE QUEDAMOS EN CREAR OS NOSOS PROPIOS ADORNOS: CADENETAS DE PAPEL CON XORNAIS VELLOS. PUXEMOS MANS Á OBRA E EMPEZAMOS O TRABALLO.
AO LONGO DESTES DÍAS IREMOS DANDO CONTA DE COMO VAN QUEDANDO E DO RESULTADO FINAL.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario