ESTA SEMANA AITOR APARECEU CUNHA SORPRESA NA CLASE. TROUXO UNHA CAIXA DE CARTÓN CHEA DE BURATOS E TIVEMOS QUE ADIVIÑAR O QUE HABÍA DENTRO.
PENSAMOS SI SERÍA UNHA BATIDORA, UNHA TOSTADORA, UNHA TELEVISIÓN E DESPOIS DE MOITO PENSAR E PENSAR... ESCOITAMOS UN PÍO, PÍO... E...
SIIIIIIII!!!!
ERA UN PITIÑO. UN PITIÑO AMARELO E MARRÓN AO QUE DECIDIMOS CHAMARLLE O "POLIÑO PEPE", COMO NA CANCIÓN.
FALAMOS DO QUE COMÍA, VIMOS COMO ERAN AS SÚAS ÁS E AS SÚAS PATAS E LOGO DIBUXÁMOLO E CANTÁMOSLLE A CANCIÓN.
PASOU CON NÓS TODA A MAÑÁN, COIDÁMOLO E LEVÁMOSLLO A ENSINAR AOS NENOS E NENAS DA PROFE CARMEN.
PASOU CON NÓS TODA A MAÑÁN, COIDÁMOLO E LEVÁMOSLLO A ENSINAR AOS NENOS E NENAS DA PROFE CARMEN.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario