ESTA SEMANA TIVEMOS A SORTE DE VER ALGÚNS BICHOS QUE TROUXERON OS NENOS E NENAS DE OUTRAS AULAS DE INFANTIL.
SARA, DA CLASE DA PROFE CARMEN, TROUXO UNHA ORUGA DE COR VERDE. ESTABA TAN AGACHADA ENTRE AS BERZAS QUE CASI NON SE MIRABA. PUXÉMOLA NA MESA PARA PODER VELA MELLOR.
AS NENAS E NENOS DA PROFE MARINA TIÑAN NA CLASE UNHA PEL DE VÍBORA, ERA INMENSAAAAA... E ALGÚNS TIVEMOS UN POUCO DE MEDO AO VELA TODA ESTIRADA
E O VENRES A PROFE MARINA CAMBIOUNOS A PEL DE VÍBORA POR UNHA CESTA CHEA DE TESOUROS. HABÍA LÁ, CABAZAS, CASTAÑAS... E UNHA CAIXA QUE POÑÍA: ¡UN BICHO!
DABA UN POUCO DE MEDO E CANDO ABRIMOS... DENTRO TIÑA UN SAPO SECO!!!
ALGÚNS DIXERON QUE DABA NOXOOO!!!, PERO AO FINAL TODOS QUIXEMOS VELO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario