PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

luns, 28 de marzo de 2016

"PALABRAS COMPARTIDAS"

ESTE ANO ESTAMOS FACENDO MOITAS ACTIVIDADES EN EQUIPO. ALGUNHAS XA AS COÑECEMOS MOI BEN E OUTRAS ÍMOLAS DESCUBRINDO POUCO A POUCO.
NESTA OCASIÓN TRABALLAMOS COS NOMES DE CADA NENO E NENA DOS EQUIPOS.
CADA UN E CADA UNHA DEBÍA DELETREAR AOS COMPAÑEIROS O SEU NOME E TODOS TIÑAMOS QUE IR ESCRIBINDO AS LETRAS QUE SE DECÍAN. NINGUÉN PODE QUEDAR ATRÁS OU ADIANTARSE. TODOS ESPERAMOS POR TODOS E PRESTAMOS AXUDA SE ALGUÉN A PRECISA.
EMPEZA SEMPRE O RESPONSABLE E LOGO TODOS POR TURNOS VAN DELETREANDO O SEU  NOME ATA COMPLETAR TODOS OS DO EQUIPO.
CADA VEZ OS NOSOS EQUIPOS FUNCIONAN MELLOR E ESO GÚSTANOS.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario