PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

domingo, 23 de outubro de 2016

"VISITA A LOURIZÁN"

Fixemos a primeira saída deste curso. Fomos en autobús a Lourizán para vivir o Outono.
Vimos fermosas árbores, ourizos, follas polo chan, fontes, un invernadoiro, un palomar e tamén un palacio enorme.
Logo de pasear merendamos nunha longa mesa de pedra e fomos en busca do labirinto pero... ao final non puidemos chegar ata alí. Aínda así, disfrutamos moito do lugar, da mañán e do bo tempo.
Pasámolo moooooi ben compartindo con todos os nosos compañeiros e compañeiras.

LOURIZÁN 16
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

luns, 17 de outubro de 2016

PINTANDO OUTONO

Xa metidos no outono e traballando con ritmo. Pintamos árbores de outono, debuxamos follas, cortamos e pegamos e sempre compartindo co equipo.


Nenas e nenos de Ed.Infantil 6ºB

mércores, 12 de outubro de 2016

¡¡EMOCIÓNS!!

Este ano o proxecto da biblioteca escolar está relacionado coas emocións e nós decidimos empezar a traballar coas nosas. Unha das primeiras actividades foi elaborar os logos dos nosos equipos. Elaboramos uns emitoconos moi chulos utilizando o folio xiratorio.

Emocións
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

¡Celebramos Cumple!

Chegou Outubro e celebramos o primeiro aniversario deste curso. Foron Teresa, Sabela e Martina as que nesta ocasión nos invitaron a unha rica merendola. Trouxeron biscoito e zumes para invitar a todas e todos os compañeir@s. Preparamos un fermoso cadro para cada unha e pasamos un bo rato de festa.
Grazasssssss Teresa, Sabela e Martina!!! Moitas Felicidadessssss!!!!



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB



domingo, 2 de outubro de 2016

XA ESTAMOS NO OUTONO!!!

O COLE COMEZOU E NÓS ESTAMOS CONTENTAS E CONTENTOS DE VER AOS NOS@S AMIG@S. FAI BO TEMPO E PODEMOS DISFRUTAR DO PATIO PERO O OUTONO XA CHEGOU E A PROFE MARINA NOS TROUXO UNS XIRASOIS.
SON XIGANTESSSS!!! E DESCUBRIMOS QUE ESTÁN CHEEEEEOOSSS DE PIPAS.


AHHH!!!... E LEMBRADE QUE XA ESTAMOS EN 6º DE INFANTIL. NO BLOG, ARRIBA, PODEDES VER A NOSA NOVA FOTO DE GRUPO
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB