PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

domingo, 23 de outubro de 2016

"VISITA A LOURIZÁN"

Fixemos a primeira saída deste curso. Fomos en autobús a Lourizán para vivir o Outono.
Vimos fermosas árbores, ourizos, follas polo chan, fontes, un invernadoiro, un palomar e tamén un palacio enorme.
Logo de pasear merendamos nunha longa mesa de pedra e fomos en busca do labirinto pero... ao final non puidemos chegar ata alí. Aínda así, disfrutamos moito do lugar, da mañán e do bo tempo.
Pasámolo moooooi ben compartindo con todos os nosos compañeiros e compañeiras.

LOURIZÁN 16
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario