Este luns 24 celebramos no cole o "Día do Libro" de xeito moi especial. Os maiores de 4º e 6º de Primaria viñeron merendar con nós e acompañáronnos á Illa das Esculturas para contarnos contos. Foron os nosos guías ao longo de toda a actividade e disfrutamos moito da súa compaña. Foi unha mañán moi especial, onde todo o cole participou compartindo lecturas. Gracias aos nosos guías e padriños lectores, esperamos que volten outro día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario