PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

venres, 23 de xuño de 2017

"BOAS VACACIÓNS"

O curso xa rematou, xa estamos de vacacións e nestes últimos días andivemos moi atareados. 
Tivemos sesión de cine con palomitas, bailamos unha canción para todo o cole e estivemos na festa do deporte organizada polo profe Roberto.
Mirade como bailamos no salón de actos:


Despois do baile fomos votar a nosa quiniela para a festa do deporte

 e aquí estamos vendo participar aos nenos e nenas de 6º de Primaria


Ahhhhh, e sabedes???, no sorteo do remate Carmen e Andrea gañaron candanseu balón!! Noraboa!!

Boas vacacións, disfrutemos moito do verán e cando volvamos xa seremos nenas e nenos de Primaria.
Ata sempre!!!
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario